01 marzo 2013

OS TROTAMÚSICOS

Na nosa viaxe por Alemania non podemos esquecer uns dos personaxes máis populares da literatura germana, os irmáns GRIMM.



Naceron na cidade de Hanau e morreron en Berlín. Moitos dos contos populares que coñecemos son obras deles, por exemplo: "Os sete cabritos", "Hánsel e Gretel", "Os músicos de Bremen"...entre outros.
Se queredes aprender máis cousas sobre a súa vida e obra, premede no seguinte enlace.



Aquí temos a Alejandro con información sobre os irmáns Grimm e os seus contos!

Como nos gustan moito os animales, aproveitamos unha serie de televisión que foi emitida hai moitos anos, baseada na historia dos irmáns GRIMM e que estamos a desfrutar moitísimo, incluída a profe!
OS TROTAMÚSICOS
Aquí deixamos unha canción moi divertida, que cantamos e bailamos na clase!



E aquí tedes os debuxos que fixemos dos personaxes da serie e do conto: Lupo, Burlón, Koki e Tonto. Realmente esta historia ten un fondo moi aproveitable a nivel educativo, pois é imprescindible ensinar aos nenos dende moi pequenos o respecto aos animais. Esperamos que vos guste!

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Fixestes uns debuxos moi bonitos dos trotamúsicos. ¡¡Noraboa polo ben que traballades!! ¡¡Biquiños!!

Saleta dijo...

Ai Dolores, pasámolo tan ben cos Trotamúsicos!!