20 marzo 2013

ALEMANIA, AUF WIEDERSEHEN!

Xa chega o final do trimestre e toca despedir o pais no que estivemos ata o de agora: ALEMANIA.
Non queremos cambiar o bo costume de finalizar a nosa viaxe de forma gastronómica, así que probamos e ulimos as salsas que lle botan: mostaza e tomate e comemos...SALCHICHAS ALEMANAS!!!



Paco ten un amigo que se chama Markus que naceu en Alemania e tivemos a sorte de que nos prestara traxes típicos infantiles, un disco de cancións alemanas e un conto en moitos idiomas! Grazas a Markus e a Paco!



Despois da festa de Semana Santa, iremos preparando as maletas para viaxar a un novo continente... ÁFRICA!!

LINDA, A PRINCESIÑA CADELA




Esta é unha amiguiña que a profe Helena trouxo o venres a Carrio. É unha monada...e chámase Linda.

QUÉROTE MOITO PAPÁ





NAMORACAIXAS

Xa temos listas as nosas NAMORACAIXAS OU CAIXAS DO AMOR. Estas conteñen as nosas emocións, sentimentos e pensamentos acerca do AMOR.
Quixemos adornalas e preparalas ao noso gusto e aquí tedes o resultado.









12 marzo 2013

MÁIS DEUTSCHLAND CON KARINA

Click to play this Smilebox slideshow
Aquí temos á nosa amiga KARINA!
A semana pasada veu a todas as escolas do CRA para contarnos moitísimas cousas interesantes sobre Alemania, porque ela...NACEU ALÍ!
Moitas grazas, Karina!
Click to play this Smilebox collage


Ademáis, a profe Eva que sabe que somos moi lambonciños trouxo BRETZELS para todos! Estaban boísimos e quixemos facer unha actividade a partir desta sorpresa tan saborosa!



E nós...seguimos aportando materiais sobre este país. Estamos entusiasmados e por iso pasámolo moi ben aprendendo!
Click to play this Smilebox slideshow

OVOS DE PASCUA



Aquí vos deixo o meu primeiro glogster!!
Grazas a Patricia Pena pola axuda e paciencia!

Non hai cousa máis divertida que adornar os ovos de pascua...
Xa veredes qué fermosos quedan os nosos!
Pero...coidado co Coelliño que é moi travieso...




Click to play this Smilebox collage

04 marzo 2013

DANKE, LEILA!

O mércores pasado tivemos unha visita moi especial. Tivemos a sorte de contar con Leila, unha amiga da profe, que nos contou moitas cousas interesantes e divertidas sobre Alemania.

Como sabe que nos gustan moito os animales, tiña preparada unha canción preciosa sobre un oso moi querido en Berlín, KNUT. Aquí a tedes, é chulísima e o osiño tamén!
O caso é que a historia non é moi alegre pero o importante de todo é a ilusión que os nenos e nenas de Berlín puxeron neste amiguiño e sobre todo, o respecto que lle temos que ter a todo ser vivo.



Mirade qué guapo debuxamos a KNUT, ao seu coidador e por suposto a Leila!!

Non quería que quedara ningunha dúbida sobre o país das salchichas así que por se nos apetece viaxar alí algunha vez...comemos EUROS de chocolate con debuxos, algúns de Alemania!! Ademáis...como somos moi lambones...trouxo unhas galletas típicas alemanas chamadas BRETZELS que estaban...deliciosas!!Non quedou unha!



Leila, tamén nos ensinou a decir como nos chamamos en alemán e tooooooodas estas cousas!! 



Pasámolo moi ben contigo, Leila!!
Danke por todo!!!

PALABRAS DE AMOR...


Seguimos traballando aspectos relacionados co amor...
A semana pasada fixemos unha actividade moi divertida!
Está claro que as linguas estranxeiras se nos dan moi ben porque con Madlenka xa visitamos uns cantos países, coñecendo entre outras cousas, algunha palabriña típica así que aproveitamos esa excusa para aprender palabras de amor en inglés, galego, italiano, castelán...
Tivemos que estar moi atentos ás bandeiras...pero o pasamos moi ben!
"Love is in the air..."

01 marzo 2013

OS TROTAMÚSICOS

Na nosa viaxe por Alemania non podemos esquecer uns dos personaxes máis populares da literatura germana, os irmáns GRIMM.



Naceron na cidade de Hanau e morreron en Berlín. Moitos dos contos populares que coñecemos son obras deles, por exemplo: "Os sete cabritos", "Hánsel e Gretel", "Os músicos de Bremen"...entre outros.
Se queredes aprender máis cousas sobre a súa vida e obra, premede no seguinte enlace.



Aquí temos a Alejandro con información sobre os irmáns Grimm e os seus contos!

Como nos gustan moito os animales, aproveitamos unha serie de televisión que foi emitida hai moitos anos, baseada na historia dos irmáns GRIMM e que estamos a desfrutar moitísimo, incluída a profe!
OS TROTAMÚSICOS
Aquí deixamos unha canción moi divertida, que cantamos e bailamos na clase!



E aquí tedes os debuxos que fixemos dos personaxes da serie e do conto: Lupo, Burlón, Koki e Tonto. Realmente esta historia ten un fondo moi aproveitable a nivel educativo, pois é imprescindible ensinar aos nenos dende moi pequenos o respecto aos animais. Esperamos que vos guste!