29 octubre 2012

PACO CUMPLE 4




E CHEGOU O MAGOSTO E CHEGOU O SAMAÍN- HALLOWEEN!!


A semana pasada tocou coñecer outro capítulo da BRUXA ABURRIDA. Nada máis e nada menos que cando casa! Pretendientes non lle faltaron: dende o señor vampiro ata o home lobo, pasando pola pantasma e a momia. Pero ela...soamente tiña ollos para un: O BRUXO!
Lástima que non lle durara moito o amor, xa que no día da voda este desapareceu cando (sen querelo) confundíu o champán co líquido máxico de facer desaparecer as moscas...Vaia, vaia...!
Así que a bruxa Aburrida quedou composta e sen mozo...cousas que pasan!
Aquí vos deixamos un pequeno resume de todo o que traballamos na clase!!


SAMAÍN JAJAJAJAJAJA!!!




XA COÑECEMOS BERGONDO...DE ARRIBA A ABAIXO!!

UN VÍDEO FERMOSO 
A semana pasada tivemos a visita de Juani, mamá de Roque e Pedro. Trouxo un agasallo moi especial. Con ela trasladámonos ás zonas máis representativas do Concello de Bergondo. Paseamos pola Casa do Concello pasando polo Mosteiro de San Salvador e achegándonos tamén á Ponte do Pedrido sen esquecer que alí pretiño está o Pazo de Mariñán. Tamén coñecimos a súa casa...encantounos!!
Moitas grazas, Juani, pola túa dedicación e tempo!!

Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo, esperamos que o disfrutedes tanto coma nós: UN VÍDEO FERMOSO (preme enriba)

A profe Dolores tamén fixo a súa aportación no traballo deste Proxecto, como boa bergondesa que é...fixo este fermoso e relaxante vídeo para todos nós. Moitas grazas, Dolores!!
 A PRAIA DE GANDARÍO (preme enriba para ver o vídeo)

Tamén fixemos unha actividade relacionada coa xoiería, actividade que coñecimos da man de Carmen, a nai de Clara Teijeiro. A parte de fabricar as nosas propias xoias (que moi pronto estarán rematadas, como todo traballo manual e artesán...leva o seu tempo) tamén deseñamos estoutras que vos amosamos a continuación.

Xa case estamos rematando este Proxecto sobre Bergondo. Queremos dar as grazas a todos e todas por traballar tanto e axudarnos a coñecer o espacio máis cercano aos nenos e nenas, esencial para poder abrir mente e que coñezan despois outros lugares diferentes!!
MIL GRAZAS!!

LA FRANCE...

SEGUIMOS VIAXANDO POR FRANCIA CON MADLENKA...

Quixemos visitar a TORRE EIFFEL...Sabemos que:
- A diseñou un señor que se chamaba Gustave Eiffel  e os seus colaboradores para a Exposición universal de 1889 en París. 
- Ten 3 partes e que as vistas  dende o medio e dende arriba son espectaculares.
- É de ferro.
- Está en París, que é a capital de Francia.
- Xa quedamos en que cando sexan maiores viaxaremos a París todos para ver a Torre Eiffel...jejeje


Le fabuleux destin d'Amélie Poulain 









Aquí tedes máis cousiñas que estamos a traballar na escola...





E para rematar... A BANDEIRA DE FRANCIA!!




MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN E POR IMPLICARSE TANTO, É XENIAL!!!

21 octubre 2012

OUTONO MÁXICO


(Aquí temos un pequeno amiguiño que veu escondido nunha castaña que trouxo ADA, nótase que os bechiños queren vir onda nós...jejeje)

O OUTONO CHEGOU A CARRIO CARGADIÑO DE COUSAS!!!
 GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN!!
RECIBIREDES UNHA INVITACIÓN NOS PRÓXIMOS DÍAS PARA VISITAR COS NENOS UNHA EXPOSICIÓN QUE ESTAMOS A PREPARAR NA ESCOLA!

A XOIERÍA EN BERGONDO

Esta semana tivemos a esperada visita da nai de Clara Teijeiro que nos contou cousas sobre o seu fermoso traballo: XOIERÍA
Temos que agradecer enormemente todo o esforzo e a dedicación que puxo na visita, xa que non soamente veu a explicarnos cousas senón que nos trouxo agasallos para todos!!
Un libriño con información para colorear e unha pulseira de carameliños para cada un!
Moitas grazas Carmen!!
Aquí tedes as fotos!!



NON TEMOS MEDO...ESTO DA RISA!!

Aquí tedes dous enlaces con xogos que dan...medo!! 
Premede enriba das imaxes a e escacharse da risa!!!



Esta película que trouxo Clara Iglesias, servíunos para introducir e falar na aula dos diferentes medos que teñen os nenos.


Así...nos tamén temos un BAUL DOS MEDOS onde imos meter todas aquelas cousas que nos dan medos.



(LEMBRA ABRIR O VÍDEO NOUTRA XANELA PARA ESCOITAR A MÚSICA)
E esta semana seguiremos traballando o medo...uhhhhhhhh!!! Jajajajajajaajajjajaja!!!!
NON TEMOS MEDO...ISTO DA RISA!!!

LE PETIT PRINCE...


(preme enriba do título en diferentes idiomas e terás máis información sobre este libro)

17 octubre 2012

BULBOS DE OUTONO


 QUEREMOS TER FLORES NA PRIMAVERA!!

O MEDO...

Hoxe comezamos a traballar un contido que ás veces non é de todo doado na etapa de educación infantil: 
O MEDO
Grazas a un conto que nos deixou a profe Ana, que está axudándonos moitísimo, aprendemos cousas divertidas sobre unha amiguiña nova que nos vai acompañar nas próximas semanas: 
 A BRUXA ABURRIDA
Aquí tedes os debuxos que fixemos hoxe na clase, non teñen desperdicio!!!
Lembra abrilo noutra xanela para escoitar a música!!


MADLENKA




ESTA SEMANA COMEZAMOS A TRABALLAR NUN PROXECTO COMÚN PARA TODAS AS ESCOLAS DO CRA. QUEREMOS DAR UNHA VOLTA AO MUNDO E VISITAR ALGÚNS PAÍSES E QUÉ MELLOR MANEIRA QUE FACELO A PARTIR DO MARAVILLOSO CONTO DE MADLENKA.
MADLENKA É UNHA NENA Á QUE SE LLE MOVE UN DENTE E DECIDE CONTARLLO A TODO O MUNDO.
DECIDE COMEZAR POR CONTARLLO A GASTÓN, O PANADEIRO FRANCÉS. CON ESTE AMIGUIÑO  APRENDEREMOS COUSAS RELACIONADAS CON FRANCIA.

Nous allons avoir beaucoup de plaisir!


09 octubre 2012

APRENDEMOS E TRABALLAMOS



AQUÍ TEDES UN RESUME DO QUE LEVAMOS APRENDIDO ESTA SEMANA PASADA SOBRE O NOSO FERMOSO CONCELLO!! 
LEMBRADE ABRIR OS VÍDEOS NOUTRA PESTAÑA(TEDES QUE PREMER ENRIBA DELES DUAS VECES) PORQUE SENÓN SEGURAMENTE QUE NON ESCOITAREDES A MÚSICA!!







PINTAMOS AS NOSAS XOIAS



CRISTOVO VOLVEU A CARRIO!!


AQUÍ TEDES A CRISTOVO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA DO CRA DE BERGONDO!! ESTIVO DE VACACIÓNS COMA NOS, NAS PRAIAS DE BERGONDO E A PROFE ISA CONTOUNOS QUE VIÑA CHEIÑO DE ALGAS E FANGO...AI CRISTOVO...ONDE TE METERÍAS!!
NON PASA NADA PORQUE AGORA XA ESTÁ LIMPIÑO E GUAPÍSIMO PARA VISITAR A TODOS OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS E LEVARLLES MOITOS LIBROS INTERESANTES!!
O XOVES PASADO TROUXO UN CONTO MOI FERMOSO TITULADO "ROSA CARAMELO" DAS AUTORAS ADELA TURÍN E NELLA BOSNIA E DA EDITORIAL KALANDRAKA.
GRAZAS CRISTOVO!!

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE BERGONDO














Aquí tedes máis fotos dos materiais que están traendo os nenos e nenas da casa. Graciñas de novo!!