29 octubre 2012

XA COÑECEMOS BERGONDO...DE ARRIBA A ABAIXO!!

UN VÍDEO FERMOSO 
A semana pasada tivemos a visita de Juani, mamá de Roque e Pedro. Trouxo un agasallo moi especial. Con ela trasladámonos ás zonas máis representativas do Concello de Bergondo. Paseamos pola Casa do Concello pasando polo Mosteiro de San Salvador e achegándonos tamén á Ponte do Pedrido sen esquecer que alí pretiño está o Pazo de Mariñán. Tamén coñecimos a súa casa...encantounos!!
Moitas grazas, Juani, pola túa dedicación e tempo!!

Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo, esperamos que o disfrutedes tanto coma nós: UN VÍDEO FERMOSO (preme enriba)

A profe Dolores tamén fixo a súa aportación no traballo deste Proxecto, como boa bergondesa que é...fixo este fermoso e relaxante vídeo para todos nós. Moitas grazas, Dolores!!
 A PRAIA DE GANDARÍO (preme enriba para ver o vídeo)

Tamén fixemos unha actividade relacionada coa xoiería, actividade que coñecimos da man de Carmen, a nai de Clara Teijeiro. A parte de fabricar as nosas propias xoias (que moi pronto estarán rematadas, como todo traballo manual e artesán...leva o seu tempo) tamén deseñamos estoutras que vos amosamos a continuación.

Xa case estamos rematando este Proxecto sobre Bergondo. Queremos dar as grazas a todos e todas por traballar tanto e axudarnos a coñecer o espacio máis cercano aos nenos e nenas, esencial para poder abrir mente e que coñezan despois outros lugares diferentes!!
MIL GRAZAS!!

2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Estou moi contenta con este proxecto sobre Bergondo que fixestes ¡¡noraboa!! Penso que sabedes máis do concello ca min...jajaja. ¡¡Biquiños!!

Ana dijo...

Ya te digo, de las fotos de Juani me quedan muchos lugares que visitar!!! Juani, guiame!!