03 junio 2012

INSECTOS PAU

Esta semana adoptamos a dous novos amiguiños para o noso recuncho da natureza e dos insectos. Trátase de dous insectos pau, que foron cedidos pola nosa compañeira do CEIP Ría Do Burgo, Bibi e a nosa intermediaria Sandra, compañeira e amiga nosa. Como xa tiñamos un soliño...decidimos traerlle compañía, para que non se aburra.
Queremos que saibades que tratamos moi ben aos nosos animais e en todo momento intentamos que estén o mellor posible, alimentámolos, limpámolos e os sacamos da caixa moitas veces á semana para que poidan vernos e así nós, familiarizarnos con eles. Os vermes están case todos metidos nos casulos. Os grilos e grilas están nas súas caixiñas e tamén lle abrimos as tapas todos os días para que non se sintan atrapados e tristes. E aos insectiños pau tamén os sacamos da caixa e ás veces queren xogar subindo e baixando polo mandilón da profe e as súas mans. En definitiva...adoramos aos animales.



1 comentario:

Sandrita dijo...

PERO... TI QUÉ MONTACHES NA CLASE? UNHA GRANXA DE BECHOS? OS NENOS/AS DO BURGO ESTAMOS INTERESADOS/AS EN FACER UNHA VISITA! PERO GUÍADA EH? CANTO INSECTO!!!!