11 junio 2012

5 de xuño DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado martes día 5 de xuño, festexamos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE e qué mellor actividade que liberar ás nosas amigas e amigos grilos. Estiveron compartindo varias semanas con nós, coidámolos o mellor que soubemos e ese día...decidimos soltalos para que puideran voltar á casa de Clara outra vez.
Ata sempre griliños!!








2 comentarios:

Escola de Silvoso dijo...

A verdade é que hai poucos nen@s con tanta sensibilidade cara a natureza coma vós! Noraboa, seguide así e, por supostísimo, noraboa á vosa mestra!!
Biquiños.

Bolboretas de Carrio dijo...

Graciñas silvosiños!! Eles xa saben que o respecto cara aos animais, plantas e persoas...é importantísimo!!!