26 junio 2012

BO VERÁN A TODAS E TODOS!!!





O VENRES PASADO PARA FESTEXAR A CHEGADA DO VERÁN, QUIXEMOS QUE A AUGA FORA A NOSA AMIGA E ASÍ REFRESCARNOS UN POUQUIÑO EN CARRIO (AINDA QUE CALOR, CALOR...NON FACÍA)
VELAÍ TEDES O BEN QUE O PASAMOS!! TEDES UN VÍDEO AQUÍ (preme nesta palabra) NO QUE PODEREDES COMPROBAR O BEN QUE O PASAMOS TODAS E TODOS XUNTOS.
AGORA A DESCANSAR E PASALO FENOMENAL NO VERÁN E...VÉMONOS EN SETEMBRO!! QUE NON TEÑA QUE IR BUSCAR A NINGUÉN Á CASA...Jajaja
CON AGARIMO.
SALETA

POLO SAN XOAN...A SARDIÑA MOLLA O PAN!!!



PREME NESTA FOTO PARA VER O VÍDEO!!
POLO SAN XOAN...
A SARDIÑA MOLLA O PAN!
Esta semana festexamos o San Xoan na escola. Esta data é un día máxico para todos os coruñeses e demáis galegos. 
Quixemos entre todos e todas preparar auga de flores, velaí tedes o resultado!!
 Lavamos todos e todas a cara para que a boa sorte nos acompañe!!

ANIVERSARIOS DE VERÁN

 PARABENS PARA ADA, BRUNO, PEDRO E JOSE.
Pasádeo moi ben no verán e lembrade festexar de novo o voso aniversario cando chegue o día!


Preme enriba desta foto e poderás ver o vídeo coas fotos que sacamos!!

Protección civil en Carrio

Aquí tedes o vídeo coas fotos da visita de Protección Civil á Escola de Carrio. 
Preme na imaxe e divírtete coa reportaxe!!

25 junio 2012

REMATAMOS CO LIBRO DOS INDIOS



GRAZAS A TODAS AS FAMILIA POLOS SEUS COMENTARIOS!! 

E SAÍRON AS BOLBORETAS!











LUIS SEOANE E MARUXA

Na sesión de biblioteca da semana pasada a profe Isa trouxo un conto moi especial sobre una artista galego. Queres saber máis? Aquí tes un vídeo que o explica tooooodo!!!!




Esta é a FUNDACIÓN LUIS SEOANE na Coruña.
Se premedes enriba da imaxe podedes visitar a súa páxina web e obter toda a información que queirades coñecer sobre este artista.

12 junio 2012

ENCONTRO DE ARTISTAS NO CPI CRUZ DO SAR



AQUÍ ESTAMOS OS ARTISTAS DE 3 ANOS DA ESCOLA DE CARRIO...O NOSO ÍDOLO...VINCENT VAN GOGH.

PREPARADOS...LISTOS...XA!!!
DISFRUTADE DESTE VÍDEO E DA SÚA FERMOSA MÚSICA!
LEMBRADE QUE NOUTROS BLOGUES DO CRA HAI TRABALLOS INCRÍBLES SOBRE ARTE E A EXCURSIÓN AO CPI CRUZ DO SAR, NON DEIXEDES DE VISITALOS!!


11 junio 2012

ESTRENAMOS NOVO APARTADO PARA O BLOGUE

ESTRENAMOS NOVO APARTADO!
O CONTADEIRO DIXITAL !
Xa sabes, se queres que lle amosemos a todos os compañeiros e compañeiras cousas divertidas que fas na casa , fotos de excursións, viaxes, vacacións...ou simplemente algunha cousa que queres compartir con todos e todas nós...envía todo iso á dirección de correo electrónico que temos no blogue ou á outra alternativa da profe.

Inauguramos  este apartado con PEDRO E ROQUE!!


Por fin podo colgar o vídeo tan chulo que fixo Juani, a mamá de Pedro e Roque, cando trouxo as tartarugas á clase.
 Grazas pola túa dedicación e tempo.


Estas fotos foron tomadas esta fin de semana nunha ruta que fixeron os nosos compis polo Mandeo, menudos campións, 4 horas de caminata!!




Aquí temos aos tres irmáns cuns fermosos burritos en Asturias, terra da súa familia!

















Este burrito é moi simpático, non si?

EXPOSICIÓN EN CARRIO








EXPOSICIÓN DE OBRAS DE ARTE NA ESCOLA DE CARRIO


Estades convidados a asistir á exposición dos nosos traballos inspirados en obras dos artistas VINCENT VAN GOGH E JORGE PETEIRO.
Lugar: Escola de Carrio
Horario: Luns a Venres de 9 a 14 horas.

POL, O CARACOL


E rematamos un ciclo...o ciclo de "Aprender a Xogar a Pensar". E como os caracois, que levan a sua casiña ás costas e en forma de espiral...rematamos o que comezamos... cun sorriso na cara.
Os caracois din que son lentos, aburridos e sen moito que contar. Nós non pensamos igual. O noso amiguiño Pol, contounos unha historia chea de sentimento, sobre todo do sentimento da amizade, o máis sinceiro e fermoso. 


Cantas cousas teñen a forma de espiral...como a casiña de Pol?


Escalera de forma espiral en la torre medieval de piedra  Foto de archivo - 9337465     etc...
Imaxinemos que a nosa casa é unha cuncha...como sería?




Aquí remata a nosa experiencia filosófica con Juanita! 
Ata sempre amiguiños animais!

COMEDEIROS E NIÑOS NA ESCOLA



Esta semana pasada foi a da reciclaxe e o coidado de animais e plantiñas, por iso por fin levamos os comedeiros  para casa e colocamos nas árbores da escola 2 niños e 2 comedeiros para que os nosos amigos os paxaros estén contentos e visiten Carrio máis a miúdo. O tema do reciclaxe estuvo moi presente na elaboración dos mesmos xa que a todos os elementos que empregamos démoslle unha segunda oportunidade de uso. Esperamos que vos gusten e que aos paxariños tamén!

MÁIS DO LIBRO DOS INDIOS