AO MONTE VAN AS OVELLAS
DE CABALO DO MENCER,
BERNARDINO VAI CON ELAS.
A FLAUTA DE BERNARDINO
CISCOU UN SOLO NO AR,
PASTORILEIRA DE TRINO.
A FAME A FLOR DE FOCIÑO
FURGA O VERDE PAN DE NEVE,
CADA BOCA O SEU FOLIÑO.
O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898.
Estudou bacharelato en Pontevedra e Dereito en Santiago de Compostela.
Foi dirixente do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.
Escribiu en xornais e revistas e dirixiu o xornal Galicia.
Colaborou na creación da empresa Pescanova.
Tamén escribiu poesía. O seu primeiro libro está adicado a Castelao e leva por título Pranto Matricial.
Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias.
Este ano é o autor elixido pola Real Academia Galega para homenaxealo no Día das Letras.
2 comentarios:
Canto sabedes de tantas cousas!!!É unha gozada vervos aprender. Noraboa bolboetas. Bicos e feliz día as Letras Galegas.
¡¡Que bonitiñas vos quedaron as bandeiras!!¡ Biquiños, bolboretas!
Publicar un comentario