23 abril 2012

MIAU, MIAU, MIAU!!







ANIVERSARIO PEDRO E ROQUE





PLANTAMOS FLORES





TULIPAS








CARLOS O COLIBRÍ










E chegou Carlos, o noso amigo colibrí,que ten un traballo do máis fermoso: BICAR AS FLORES!!!
Carlos, chegou voando dende un país tropical, cargadiño con moitas cousas para nós! Juanita lle contou que estabamos estudando a Van Gogh e ás bolboretas e...acertou con todo!

17 abril 2012

Recrea tu vida: la verdadera creatividad está en ti...

NON ME PUIDEN RESISTIR...É FERMOSO!!
PARA TODOS E TODAS VÓS!!

15 abril 2012

VINCENT VAN GOGH

TIM Y LA NOCHE ESTRELLADA...
Este conto trata sobre un neno chamado TIM que ten un gato de cor vermella ao que lle chama VINCENT. Unha noite, Tim esperta porque o seu gato salta pola ventá e desaparece na escuridade. O neno decide ir buscar ao seu amigo felino. Busca no pobo, no campo e alí...á luz da lúa atopa un pintor que está pintando a noite estrelada. É VINCENT VAN GOGH. Pero, ¿que pasou coas estrelas? ¿e que ten o gato que ver con isto?
Comezamos o noso proxecto de arte sobre VINCENT VAN GOGH!
Onde naceu?
Onde viviu?
Que amigos tiña?
Cal era a súa cor favorita?
Que lle gustaba pintar?
Queremos aprender cousas sobre él, a súa vida e as súas obras. 
Viva Van Gogh!

ADIVIÑA...







VOANDO NO AIRE...
BICANDO NAS FLORES
PASA A SÚA VIDA...
DE LUZ E DE CORES!

AS DE MOITAS CORES...
PÉRDENSE NAS FLORES!

Esta semana comezamos a traballar nun novo proxectiño: queremos aprender cousas sobre as bolboretas!! Temos na clase vermes de bolboretas de seda e aproveitaremos así para aprender o respecto e coidado de cara a todos os seres vivos que habitan na terra!

"No sabía que se podía querer tanto a un animal, hasta que tuve uno, me enseño muchas cosas, pero la que más, querer sin condiciones..."

HORTA NA ESCOLA: COMPOST!





Se o tempo non no-lo impide...esta semana intentaremos plantar na nosa nova hortiña! 
Pero acabo de mirar as previsións e...CHOVE TODA A SEMANA!!!!

DOUS NOVOS AMIGOS: MARIPEPA E GUILLERMO

A nosa amiga a xoaniña Juanita presentounos a dous novos amigos. Ademáis trouxeron agasallos para nós...que máis se pode pedir!!


Voando dende moi lonxe chegou a bolboreta Maripepa. Con ela aprendemos entre outras cousas que ás veces temos que ter PACIENCIA. E qué significa iso de ter paciencia?
Alba: Eso es esperar
Aldán: Cando non esperas ti te enfadas, porque non tes 5 mans (jeje esta frase...parece que a saben de memoria!)
Clara: Temos que ter paciencia
etc.


 Esta semana chegou saltando e saltando o saltamontes Guillermo. Este amiguiño é moi positivo e ainda que as cousas ás veces non saen como nós queremos...temos que tomarnos a vida con BO HUMOR! Como di a frase... "Ao mal tempo...boa cara"!!
Roque: Guillermo me gusta porque salta mucho!
Pedro M: Este saltamontes sonríe y eso es bueno. Yo tengo una mano trabajadora que también está contenta, por eso trabaja (jaja é moito...este Pedriño)
Bruno:Se caemos no patio non hai que chorar...hai que reirse!
Aquí tedes a secuencia de fotos que sacamos nestas dúas sesións de filosofía...esta semana o novo amiguiño chega voando tamén...atentos/as todos ao ceo!!










E aquí temos dous dos agasallos que trouxeron os nosos amigos: Maripepa, para que saibamos o que é ter paciencia como ela, trouxo ovos de vermes de bolboreta de seda, para que aprendamos como é proceso que sofren as bolboretas antes de selo e Guillermo, trouxo alimento para os vermiños...que xa saíron dos ovos!!! 

ANIVERSARIO DE ALEJANDRO




AS CAMELIAS DE JOSE





CRISTOVO, A MASCOTA DA BIBLIOTECA DO CRA


CRISTOVO, a mascota da biblioteca do CRA...chegou a Carrio!!! Veu coa profe Isa no seu coche. Todavía non sabemos como é quen de estar tanto tempo fóra da auga. Sabemos que naceu nas rochas da praia de Gandarío e como lle gustan moito, moito os nenos e os libros...QUERE QUEDAR CON NÓS!!! Porque sabe que nas escolas do CRA de Bergondo hai nenos e nenas aos que lles gusta moito ver e ler contos e por iso, él quere levarlle contos a todos os rapaces!! 
Benvido Cristovo, estamos esperando os teus contos con moitas ganas!!

14 abril 2012

PIZARRA MÁXICA...




O LIBRO DO CORPO HUMANO XA ESTÁ NA ESCOLA!




Por fin levamos todos e todas o libro do corpo humano para casa!! Agora está na biblioteca de aula e está moi solicitado todos os días.
Próximamente...O LIBRO DOS INDIOS!!

11 abril 2012

Los secretos de la creatividad

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO






Despois duns días de descanso...xa collemos forzas para levar a cabo novas actividades e  aventuras na nosa aula! Comezamos!


- Arte: Vincent Van Gogh
- Filosofía para nenos/as
- Horta na escola
- Proxecto vermes- bolboretas
- Primavera: animais e plantas
- Xogo de recompensa...


Vémonos en nada por aquí...!