15 abril 2012

VINCENT VAN GOGH

TIM Y LA NOCHE ESTRELLADA...
Este conto trata sobre un neno chamado TIM que ten un gato de cor vermella ao que lle chama VINCENT. Unha noite, Tim esperta porque o seu gato salta pola ventá e desaparece na escuridade. O neno decide ir buscar ao seu amigo felino. Busca no pobo, no campo e alí...á luz da lúa atopa un pintor que está pintando a noite estrelada. É VINCENT VAN GOGH. Pero, ¿que pasou coas estrelas? ¿e que ten o gato que ver con isto?
Comezamos o noso proxecto de arte sobre VINCENT VAN GOGH!
Onde naceu?
Onde viviu?
Que amigos tiña?
Cal era a súa cor favorita?
Que lle gustaba pintar?
Queremos aprender cousas sobre él, a súa vida e as súas obras. 
Viva Van Gogh!

5 comentarios:

PROFE CRIS dijo...

Que proxecto máis interesante!!! Xa nos iredes contando como vai. Nós imos a comezar a traballar cos Girasoles no recanto de plástica e tamén aprenderemos algo da biografía de Van Gogh. Seguro que aos Merliños lles encanta ver todo o que traballades sobre el. Moitos bicos e sorte no novo proxecto.

Bolboretas de Carrio dijo...

Oh que ben!! Pois estaremos conectadas para axudarnos neste proxecto! Grazas pola visita, Merliños!!Bicos

English teacher dijo...

Paréceme superorixinal o xeito que tes de resentar o proxecto. Ti estarás moi feliz no CRA pero nós sentímonos encantadísimas de traballar contigo. A special hug!!!

TICs CRA de BERGONDO dijo...

Bolboretas. No blogue PINTUREIRO tedes á lúa dese falando cun bo amigo. ¿Xa a vistes?
Biquiños estrelados.

Bolboretas de Carrio dijo...

Compis! A lúa está chulísima, hoxe puxémola na clase e gustoulles moito! É xenial estar conectadas polos blogues, non sabedes a sorte que temos, non en todos os coles hai este ámbiente! Bicos