07 marzo 2012

REMATAMOS O PROXECTO DOS INDIOS





Esta semana rematamos o noso PROXECTO DOS INDIOS!!

Despois de ter un TIPI na clase, xantar ALIMENTOS que inventaron os indios, VESTIRNOS de indios, adornar as nosas cabezas cos TOCADOS DE PLUMAS, facer un ATRAPASOÑOS E UN TOTEM, aprender que CAZAN E PESCAN, que se moven en CABALO e en CANOA, de tocar INSTRUMENTOS, BAILAR AO REDOR DA FOGUEIRA e moitas cousas máis…o noso divertido proxecto…chegou ao seu final!

Para rematar tal acontecemento, déixovos un vídeo feito pola miña compañeira de audición e linguaxe DOLORES, á que lle agradezo enormemente o traballo e tempo dedicado para a súa elaboración.

Dar as grazas tamén ás familias, pola colaboración amosada e entusiasmo á hora de traer materiais e obxectos á aula.

Ás miñas compañeiras/o que me axudaron moito aportando materiais, libros, documentación, información moi válida… a todos…MIL GRAZAS!!!


3 comentarios:

English teacher dijo...

E un pracer traballar contigo Saleta, contaxias ilusión. Acabamos de rematar o dos indios e xa estou emocionada pensando no seguinte. Biquiños.See you on friday!

Saleta dijo...

Ai Covinha...ti non sabes o contenta que estou eu aquí!! Moitas grazas por todo!! Es xenial!! E traballas...very good!!See you on friday! ;-)

Son do CRA dijo...

DE nada, as aportacións sempre con moitas ganas de dalas para compartir, non é o que lles tentamos de inculcar??? así que para o que necesitedes, bolboretas, máis bicos!!!!