07 marzo 2012

O LIBRO DO CORPO HUMANO




Esta semana comezamos a levar para casa o libriño do PROXECTO DO CORPO HUMANO que rematamos hai pouco tempo. Nel están recollidos todos os documentos, traballos empregados e as tarefas que fixemos. Hai un apartado ao final onde as familias podedes escribir as vosas opinión, suxerencias, comentarios…e cando vaia a todas as casas quedará na nosa biblioteca de aula como un libro de consulta máis.

Para decidir quen o leva para casa estamos facendo un sorteo cada día. Eu anoto un número do 1 ao 6 nun papel que escondo no bolsillo do meu mandilón. Eles elixen un dos números e imos anotando a elección de cada un na pizarra. O “dado xigante dos puntos” é o encargado de transmitir quen acertou e vaia se saben!!!

Polo de agora levaron o libro:

CLAUDIA

ALBA

ROQUE

Hoxe tocoulle levalo a JOSE!

A quen lle tocará mañá???

1 comentario:

TICs CRA de BERGONDO dijo...

OLA, BOLBORETAS!!!
Xa que estades facendo un traballiño do corpo humano vos recomendo que vexades a entrada completa do mes de Marzo. Temos uns amigos que vos van contar cousas que de seguro vos interesan. Biquiños, Bolboretas!!