14 febrero 2012

XA CHEGOU O ANTROIDÓN A CARRIO!











XA CHEGOU O ANTROIDÓN CUN GRAN NOTICIÓN!

CADA DÍA DA SEMANA CUNHA COUSA PREPARADA!

LUNS 13: Unha garabata ben “ghuapa”

MARTES 14: Unha perruca ben cuca

MÉRCORES 15: Un mandil de cores mil

XOVES 16: Colares a mares

VENRES 17: Os indios chegan a Carrio!!

Esta actividade ten como finalidade rescatar o coñecido “choqueiro” tan típico da nosa comunidade! Así cada día poñemos elementos "sen sentido" e o divertido da cuestión é chegar todos e todas á escola así vestidos! Neso consiste o Entroido, en pasalo ben con pouca cousa!

Será divertido, anímate e participa!

Entroido 2012: A Coruña ensalza al Dios Momo y a los Choqueiros


Nós pasámolo xenial estes días na clase porque temos un montón de disfraces e inventamos xogos con eles, mira, mira...semellamos "choqueiros"!!


2 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

O luns que estiven con vós xa vin o guap@s que estabades coas gravatas, pero coas perrucas...¡¡estades xenial!! Unha aperta grande!!

Saleta dijo...

Grazas Dolores!!! Biquiños!!!