FONTE IMAXES: GOOGLE.COM
E AGORA QUE SABEMOS QUE INDIO EMPEZA POLA LETRA I...UNHA COUSA??? POR QUÉ OS INDIOS SE SENTAN COMA NÓS NA ESCOLA CANDO ESTAMOS NA ALFOMBRA??? E POR QUÉ LEVAN PLUMAS E COLARES NO CORPO? E ONDE VIVEN? E COMO VAN Á ESCOLA? E CHÁMANSE COMA NÓS? E ONDE MERCAN A ROUPA E OS ALIMENTOS??
A PARTIR DESTA SEMANA QUE VEN...COMEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA INDIA, TAN ADMIRADA E Á VEZ MALTRATADA DENDE TEMPOS REMOTOS.
AGRADECERÍAMOS QUE TODOS OS OBXECTOS QUE NOS POIDAN AXUDAR A APRENDER SOBRE ELES, OS TROUXERAN OS NENOS E NENAS Á ESCOLA, ASÍ COMO LIBROS OU FOTOS QUE NOS POIDAN INTERESAR. GRACIÑAS!
3 comentarios:
Encántame o voso xeito de traballar e aprender. Sei unha canción en inglés moi sinxela de indios e vola podo cantar o próximo día. Bicos e a seguir tan riquiñ@s.
Hola, BolBoretas!!! Dende Tics vos ofrecemos unha unidade didáctica que fixemos fai dous anos sobre os indios que quedou moi propia. Tamén temos unha sobre toda América que fixo en conxunto o CRA épara a PDI e está á vosa disposición para que a desfrutedes e engadades as vosas aportacións. Biquiños, resalados!!
Moitas grazas compañeiras! Así da gusto! Esa canción en english...será de moita axuda! Para o venres aprendoa eu tamén!
Moitas grazas TICS polo CD...en canto poñamos o programiña no ordenador da clase...será unha maravilla todo o que imos aprender sobre esta cultura, tanto os norteamericanos coma os do sur! Bicos
Publicar un comentario