01 diciembre 2011

MARÍA, A NOSA AMIGA ENFERMEIRA


HOXE TIVEMOS UNHA VISITA NA ESCOLA!!

ENTRE FONENDOS, TIRITAS, DEPRESORES…APRENDEMOS DA MAN DE MARÍA, A NOSA AMIGA ENFERMEIRA…O IMPORTANTE QUE É COIDARNOS E ALIMENTARNOS BEN!

PRIMEIRO AGASALLOUNOS CON GLOBOS- MANS…JEJE DESPOIS…DEPRESORES PARA TODOS E TODAS PARA EXPLICARNOS COMO FAN OS DOCTORES PARA MIRAR A NOSA GORXA.

REGALOUNOS UNHA BOLSIÑA DE XEL PARA POÑERLLE AOS GOLPES CANDO NOS CAEMOS!

O MÁIS INTERESANTE: ESCOITAMOS OS LATEXOS DOS NOSOS CORAZÓNS!

APRENDEMOS A MIRAR O PULSO E OBSERVAMOS O IMPORTANTES QUE SON OS PELIÑOS DENTRO DO NARIZ E DOS OÍDOS, OBSERVANDO ESTES ÚLTIMOS CUN OTOSCOPIO!!

CANTA SABEDORÍA, MARÍA! PASÁMOLO XENIAL! MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA E ATA CANDO QUEIRAS, XA SABES ONDE ESTAMOS! BICOS DAS BOLBORETIÑAS DE CARRIO!

3 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

Vaia visita máis interesante. Seguro que aprendíchedes moitísimas cousas. Biquiños!!

Son do CRA dijo...

Estivo moi ben a visita de María, grazas de novo por tanto agarimo cos nenos...

Bolboretas de Carrio dijo...

Pasámolo todos moi ben! E María creo que a que máis!