14 diciembre 2011

KIWANO
















ALDÁN trouxo a semana pasada e xa hai bastante tempo, unha froita moi rara que nos chamou moito, moito a atención. Él contounos que se chamaba KIWANO e que se comía con azucre, de feito, ata trouxo 2ou 3 bolsillas para a clase, porque tiña moitas ganas de que o probaramos todos.

Por unhas razóns ou por outras, nunca tivemos tempo, esquecíamolo(bueno, máis ben, esquecíao eu...) pero por fin, este luns, como tocaba froita nas merendas de media mañá, decidimos probalo, aínda que non todos, todos...jaja

O kiwano, que se chama "Cucumis metuliferus" científicamente, é unha especie de planta con flor da mesma familia dos melóns e cogombros, Cucurbitaceae.

É cultivada polo seu froito comestible de forma dun melón ovalado e con espiñas que parecen cornos, de gusto exótico, entre kiwi e o plátano cando se consume con azucre e cando se consume como ensalada é parecido ao cogombro pero máis refrescante. O froito amarelo cando maduro tamén é usado como decoración en arranxos de mesa.

Aínda que é orixinario de África onde se cultiva principalmente ao sur e centro do continente, hoxe en día tamén é cultivado noutros países.

O froito é verde ao principio e alaranxado con zonas máis escuras cando madura. O interior é polpa de rechamante cor verde moi substanciosa con pipas brancas similares ás do cogombro.




2 comentarios:

Son do CRA dijo...

Que curioso, non o coñecía, ou a lo menos nunca o probei, parece que a vós os encantou, que ben probalo de pequeno/a para saber apreciar máis sabores novos!!!!

Saleta dijo...

Eu tampouco! Aldán é un fenómeno! Fai que todos probemos cousas que na vida probamos!