13 septiembre 2011

ADAPTÁNDONOS NOS PRIMEIROS DÍAS



Onte luns día 12 de setembro, comezamos o curso escolar 2011-2012.
Na nosa clase imos aos poucos, xa que estamos levando a cabo o período de adaptación, incrementando paulatinamente os espazos, tempos e recursos materiais e humanos para que a incorporación á escola non sexa tan brusca.

Cada día veñen dous grupos de nenos e nenas 2 horas e 15 minutos. Hoxe xa foi mellor que onte, viñeron con máis ganas e con menos medos e así seguiremos , segundo vaiamos collendo máis confianza uns nos outros.

Control de esfínteres, rutinas de orde, recollida...; normas, hábitos...socialización cos iguais...labores que comezan nestes días e que pouco a pouco iremos adquirindo. Pero sobre todas as cousas...LEDICIA POR VIR Á ESCOLA!!!

Aquí aparecen as primeiras fotos pero...mañá máis e mellor!

2 comentarios:

Chus dijo...

Hola Saleta. Qué suerte tienen los niños de Carrio!!!
En Miño vamos a echarte mucho de menos.
Seguiremos en contacto, a lo mejor podemos organizar una visita del club de lectura para contar unos cuentos. Yo estaría encantada y los salicorni@s tambien!!!!
Un bico de conto

Saleta dijo...

Chus!! Moitas grazas!!! Estaremos encantados de que veñades a contarnos contos máxicos!! Noraboa pola túa labor cos nenos, é fermoso saber que hai xente tan implicada coma ti. Moitos bicos para ti e para os salicorni@s!!!