31 enero 2011

A CANDELORIA: FESTA DA LUZ E DO AMOR




Na Galiza o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor.

Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

Tamén é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos refráns de máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa celebración do “día da marmota” noutros lugares.

E para os mariñeiros tamén marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno.

A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da natureza, a Festa da luz! Pois aínda que os días xa van medrados e as tardes vanse facendo máis longas desde decembro, é agora cando marchando (ehem, isto é un dicer) a choiva, máis se nota a claridade.

AQUÍ VOS DEIXO AOS MEUS PAXARIÑOS QUE ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE CHEGA A CANDELORIA!!

Grazas a http://dalleuncolinho.blogspot.com/
pola fonte de información.

No hay comentarios: