31 enero 2011

A CANDELORIA: FESTA DA LUZ E DO AMOR




Na Galiza o 2 de febreiro día da Candeloria, é a festa do amor.

Segundo a crenza popular neste día casan os paxaros nas árbores (“a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”, reza o dito) e aínda que rematan as xaneiras, comeza a tempada de apareamento no reino animal con vistas á cría na primavera; é pois un culto á fertilidade e aos ciclos da natureza como xa aconteceu antes co Samaín.

Tamén é unha data clave para predicir o tempo que fará o resto do inverno como podedes ver nos refráns de máis abaixo no caso da nosa terra, ou coa celebración do “día da marmota” noutros lugares.

E para os mariñeiros tamén marcaba o comezo da navegación despois de ter amarrados os barcos durante o inverno.

A Candeloria marcaba a metade do inverno. Era considerada tradicionalmente como o preludio da chegada da primavera, do renacer da natureza, a Festa da luz! Pois aínda que os días xa van medrados e as tardes vanse facendo máis longas desde decembro, é agora cando marchando (ehem, isto é un dicer) a choiva, máis se nota a claridade.

AQUÍ VOS DEIXO AOS MEUS PAXARIÑOS QUE ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE CHEGA A CANDELORIA!!

Grazas a http://dalleuncolinho.blogspot.com/
pola fonte de información.

INVERNO





DÍA DA PAZ




Onte foi o día da PAZ, pero nós queremos PAZ todos os días.
Premede enriba da foto e veredes que fixemos no noso cole.

Travesuras...


Temos un Picasso na clase...

30 enero 2011

16 enero 2011

ASTRONAUTA ESCOLAR



Que experiencia...imaxinades as caras dos nenos??
Teremos que imaxinalas...

Doki Descubre - Los Planetas

Doki Descubre La Luna