21 junio 2009

ATA SEMPRE!


3 anos Curso 2007/2008




4 anos Curso 2008/2009



Patio con sol que nunca esquecerei...
Aula onde tanto aprendín e ensinei...
Pedaciño de ceo que ainda vexo
pola ventá aberta entre as árbores...
Xa non viredes máis a miña chamada,
Nin escribirei nesa pizarra
cos xices de cores.
Quedan entre as túas paredes moitos soños,
a amizade, esa flor de tolerancia,
e os pequenos que quero tanto.


ISTO NON É UNHA DESPEDIDA... É UN ATA SEMPRE!

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras cos que convivín estes dous anos, grazas ao meu equipo de TICS(as TICS existen! verdade Mateo??), grazas ás familias pola súa colaboración, grazas a Carmela( fotocopias please...!), grazas ás miñas compañeiras de Infantil (que tanto me apoiaron sempre), grazas ao meu Jhesús( esa EOI!!, viva o Ghalegho), Gaby(pola túa cultura musical e apoio), compañeiros/as do comedor, grazas á miña inseparable, Anabel, polos teus consellos...que nunca seguín...jejeje pero grazas, pola túa compaña, pola túa amizade para toda a vida!

Grazas a todos/as de corazón.

No hay comentarios: