21 junio 2009

ATA SEMPRE!


3 anos Curso 2007/2008




4 anos Curso 2008/2009



Patio con sol que nunca esquecerei...
Aula onde tanto aprendín e ensinei...
Pedaciño de ceo que ainda vexo
pola ventá aberta entre as árbores...
Xa non viredes máis a miña chamada,
Nin escribirei nesa pizarra
cos xices de cores.
Quedan entre as túas paredes moitos soños,
a amizade, esa flor de tolerancia,
e os pequenos que quero tanto.


ISTO NON É UNHA DESPEDIDA... É UN ATA SEMPRE!

Grazas a todos os compañeiros e compañeiras cos que convivín estes dous anos, grazas ao meu equipo de TICS(as TICS existen! verdade Mateo??), grazas ás familias pola súa colaboración, grazas a Carmela( fotocopias please...!), grazas ás miñas compañeiras de Infantil (que tanto me apoiaron sempre), grazas ao meu Jhesús( esa EOI!!, viva o Ghalegho), Gaby(pola túa cultura musical e apoio), compañeiros/as do comedor, grazas á miña inseparable, Anabel, polos teus consellos...que nunca seguín...jejeje pero grazas, pola túa compaña, pola túa amizade para toda a vida!

Grazas a todos/as de corazón.

TEATRO MIGALLAS NO COLE




Esta semana tivemos a gran sorte de contar co xenial grupo de Teatro Migallas que nos presentou a obra "Un avó especial" coa que a máis dun, servidora incluída, se lle saltaron as lágrimas coa emoción.
Máis información en: http://www.migallas.com/

ANIVERSARIOS MES DE MAIO E XUÑO



Este mes de Maio estiven de aniversario...
Son Yoel.





Agora no mes de Xuño estiven eu.
Chámome Breixo.

Cumprimos 5 anos e non vos imaxinades o ben que o pasamos...Levamos algunha cousiña rica para compartir coas demáis nenas e nenos e mirade, mirade...

Levamos unha coroa porque nese día...por unhas horas... fomos os reis!!Pasámolo moi ben!


Agora veñen as vacacións pero non podemos esquecer que hai outros nenos e nenas que tamén cumprirán anos pero por diferentes motivos non imos a poder festexalo no cole.

PARABÉNS PARA ELES TAMÉN!

PABLO




IVÁN




ALEXANDRA




FÁTIMA



08 junio 2009

PIZARRA DIXITAL



Mirade como traballamos con ela nas fotos...

07 junio 2009

ASÍ PLANTAMOS E...COMEMOS AMORODOS!!
















MIRADE COMO COMEMOS OS AMORODOS...