30 noviembre 2008

OLA MAMÁ E PAPÁ. TEÑO QUE LEVAR...


O venres pasado os nenos e nenas levaron a "Libreta dos Recados" para casa cunha nota...distinta ás que levaran ata o momento.

O verdadeiro motivo desa nota non era outro que facer sentir aos nenos e nenas máis partícipes aínda na actividade que queríamos facer: probar froitos secos.

Cada un dos seis equipos tiña que traer un froito seco diferente: piñóns, cacahuetes, pistachos, améndoas, noces e abelás.

Quero dar as grazas a todas as familias: tiñades que ver as caras de cada un dos vosos fillos e fillas o luns cando empezaron a darme os froitos secos e repararon na importancia da nota que eles mesmos escribiran(bueeeeeno... coa axuda da profe).

E coa mesma...empezamos coa degustación! Atopámonos con varios inconvenientes. Un deles...que a profe non levou a maza para poder abrir as abelás, as noces e as améndoas. Por iso o mércores decidimos comezar, probando en primeiro lugar...os cacahuetes!!

Para traballar un pouco máis este froito decidimos aprender unha receita para que os que poidades e queirades a probedes a facer na casa con eles:

Nome: ___________________
QUE TAL SE COCIÑAMOS NA CASA?
Cacahuetes garrapiñados
2 tazas de cacahuetes crus con cascarilla, 1 taza de azucre, 1/2 taza de auga, colorante vexetal vermello.
Método Mestura os cacahuetes, o azucre e a auga; engade unhas gotiñas de colorante. Deixa que ferva a lume medio, meneando constantemente ata que a mestura reseque e acaramele. Pon a enfriar os cacahuetes sobre una pota, tendo coidado ao separalos uns dos outros.
Escribe o teu nome e busca as letras que ten na receita de cociña.

O venres decidimos probar...os piñóns!!

Houbo para todos os gustos...soamente hai que ver as caras dalgúns je je je...
As fotos podedes velas no apartado das mesmas.Para traballar este froito foron quen de ler cada un deles unha historia dun esquío que vive no bosque en Moraña...xa veredes que ben o fan.

Estade atentos na casa que seguiremos comendo os froitos que faltan!


No hay comentarios: