26 octubre 2008

EN CASTROLANDÍN TAMÉN HOUBO UNHA MURALLA...











Este mércores os nenos e nenas das aulas de 3 e 4 anos fomos de excursión a Cuntis.

O lugar a visitar era...Castrolandín! E que sería iso?? Que cousas poderíamos ver alí??

Collimos o autobús no cole e aaaaaaaaaaaala...rumbo a Cuntis!!
Pero ao chegar aló...que lío...a nosa profe non tiña nin idea de cómo chegar ata Castrolándín...menos mal que viña connosco a profe Ana Rosa...Bufff por un momento pensamos que nos perdéramos...jajaja

Subimos co autobús ata a cima dun monte fermosísimo e alí estaban esperándonos!
O primeiro que vimos foi unha antigua muralla...sería a dos chineses??

Despois entramos nunha cousa un pouco rara, redonda e de pedra. Grazas aos Bolechas comprendimos que hai moitos anos era unha casa. Ao lado desa casa había outras e aprendimos que todas xuntas forman o que se chamaba...castro.

Pasámolo xenial e a profe dixo que nos portamos...moi ben, moi ben... queredes velo?? Mirade no apartado das fotos...xa nos contaredes ehhh!

No hay comentarios: