23 enero 2008

O NOSO GUERNICA DA PAZ





Onte falamos sobre o que significa a PAZ. Despois de falar e explicarlles anécdotas que diferencian entre a paz e o que non significa paz, moit@s de el@s opinaron e entre as cousas que dixeron...

- É un señor

- É portarse ben

- Obedecer

- Non dar patadas

- Non pelexar

- Non empuxar

- Non dicir palabrotas etc.


No ordenador lles presentei unha foto dun señor que se chamaba Pablo Picasso e que pintou unha pomba da paz. Falamos das pombas e viron a pomba de Picasso. Falamos do que non era paz e dixeron cousas contrarias ás anteriores, estar tristes...

Ensineilles o cuadro do Guernica e falamos das cores(tristes, sen luz...), as caras de susto, sen ledicia, non están contentos, non fan a paz... Por iso decidimos darlle nós vida e paz e pintamos os nosos Guernicas da paz.

No hay comentarios: