Recordade que para o luns a Meiga mándanos levar uns coloretes ben pispiretes!!!
27 enero 2008
QUE FESTA!!
Na clase esta semana xa comezamos a traballar sobre a temática do Entroido. Como ven sabedes este ano imos a disfrazarnos de pintores/as, pero non ven mal tampouco que @s nen@s disfruten disfrazándose de forma libre. Para iso levei un montón de disfraces á clase, cos que o pasamos en grande. Tedes máis fotos no apartado das mesmas.
23 enero 2008
PREPARAD@S, LIST@S, XAAAAAAAAAAAAA CHEGOU O ENTROIDO!!!
Queridas mamás e papás!
Xa estamos en Entroido e como non podía ser doutro xeito na nosa aula imos a disfrazarnos!!
Somos uns artistas e por iso este curso imos a ir de pintor@s!!! Como Picasso, Van Gogh, Miró, Arcimboldo...
Aquí vai un adianto...e ainda falta a paleta, o pincel, o lienzo...
Tedes que fixarvos que cada un vai da cor do seu equipo...
Ata pronto!
O NOSO GUERNICA DA PAZ
Onte falamos sobre o que significa a PAZ. Despois de falar e explicarlles anécdotas que diferencian entre a paz e o que non significa paz, moit@s de el@s opinaron e entre as cousas que dixeron...
- É un señor
- É portarse ben
- Obedecer
- Non dar patadas
- Non pelexar
- Non empuxar
- Non dicir palabrotas etc.
No ordenador lles presentei unha foto dun señor que se chamaba Pablo Picasso e que pintou unha pomba da paz. Falamos das pombas e viron a pomba de Picasso. Falamos do que non era paz e dixeron cousas contrarias ás anteriores, estar tristes...
Ensineilles o cuadro do Guernica e falamos das cores(tristes, sen luz...), as caras de susto, sen ledicia, non están contentos, non fan a paz... Por iso decidimos darlle nós vida e paz e pintamos os nosos Guernicas da paz.
19 enero 2008
12 enero 2008
INVERNO, INVERNO...
Este trimestre imos a traballar coa segunda lámina de Arcimboldo sobre a estación de Inverno. Os limones, as naranxas, as árbores espidas de todo...
Para o festexo do Día da Paz falaremos de Picasso e de obras relacionadas coa temática. Tamén comezaremos a traballar pouco a pouco o Entroido que este curso o temos á volta da esquina!
Ademáis de todo isto, traballaremos as partes da casa e o esquema corporal, así que imos ven cargadiños de traballo!!!
VOLTA AO COLE!
Xa estamos de volta outra vez!!
Os Reis e Papá Noel deixáronnos agasallos na nosa clase e tivemos que facer algúns cambios en canto á disposición da aula.
Xa teño a maioría das autorizacións para poder poñer imaxes no blog. Espero unha semaniña máis e xa empezaredes a ver guapas e guapos por aquí!!!
Aquí temos a nosa biblioteca de aula. Neste trimestre comezaremos a levar libros en préstamo para casa. @s nen@s soen ler despois da merenda ben sentándose á mesa que vedes ou collendo unha alfombra en sentando no chan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)