24 diciembre 2008

BO NADAL E FELIZ 2009!



BO NADAL PARA TOD@S!
QUE OS REIS MAGOS E PAPÁ NOEL VEÑAN CARGADOS DE FERMOSAS INTENCIÓNS, MELLORES DESEXOS E UNHA BOÍSIMA SAÚDE PARA TODO O MUNDO!

FELIZ ANO 2009!

O BAÚL DOS XOGUETES


















COMO PODEMOS PARTIR UNHA NOZ...?


COA MESA...


COA MAN...



CO CODO...



CO PUÑO...

08 diciembre 2008

CHEGA O NADAL
















CHAO CHINA!
























30 noviembre 2008

FERMOSA HISTORIA DE AMOR


IVÁN TROUXO NUN BOTE UN LAGARTO. DECIDIMOS ALUGARLLE A CAIXA DAS NOSAS TARTARUGAS(XA QUE AGORA VIVEN NUNHA MÁIS GRANDE!)





FOI UNHA GRANDE NOVA NA CLASE E TODOS QUERÍAMOS VELO. MIRAMOS NO LIBRO DE ANIMAIS DA PROFE E POÑÍA QUE COMEN MOSCAS E OUTROS INSECTOS. NA CLASE...ÁS VECES HAI MOSCAS, PERO COMO CAZALAS E DARLLAS?? DIFÍCIL NUN DÍA CHUVIOSO...


IVÁN CONTOUNOS QUE NACERA COA COLA CORTADA...SE NON FOI ASÍ...QUE LLE PUIDO PASAR??

DESPOIS DE MOITO FALAR...PENSAMOS QUE NA CLASE NON IBA SER FELIZ, POR ISO DECIDIMOS QUE O SOLTARÍAMOS NO NOSO PATIO PARA QUE PUIDESE IR CO SEU AMOR!









E ASÍ FOI! LIBERAMOS AO NOSO AMIGO!
ATA SEMPRE LAGARTO!

"El amor por todas las criaturas vivientes es el más noble atributo del hombre." Charles Darwin

OLA MAMÁ E PAPÁ. TEÑO QUE LEVAR...


O venres pasado os nenos e nenas levaron a "Libreta dos Recados" para casa cunha nota...distinta ás que levaran ata o momento.

O verdadeiro motivo desa nota non era outro que facer sentir aos nenos e nenas máis partícipes aínda na actividade que queríamos facer: probar froitos secos.

Cada un dos seis equipos tiña que traer un froito seco diferente: piñóns, cacahuetes, pistachos, améndoas, noces e abelás.

Quero dar as grazas a todas as familias: tiñades que ver as caras de cada un dos vosos fillos e fillas o luns cando empezaron a darme os froitos secos e repararon na importancia da nota que eles mesmos escribiran(bueeeeeno... coa axuda da profe).

E coa mesma...empezamos coa degustación! Atopámonos con varios inconvenientes. Un deles...que a profe non levou a maza para poder abrir as abelás, as noces e as améndoas. Por iso o mércores decidimos comezar, probando en primeiro lugar...os cacahuetes!!

Para traballar un pouco máis este froito decidimos aprender unha receita para que os que poidades e queirades a probedes a facer na casa con eles:

Nome: ___________________
QUE TAL SE COCIÑAMOS NA CASA?
Cacahuetes garrapiñados
2 tazas de cacahuetes crus con cascarilla, 1 taza de azucre, 1/2 taza de auga, colorante vexetal vermello.
Método Mestura os cacahuetes, o azucre e a auga; engade unhas gotiñas de colorante. Deixa que ferva a lume medio, meneando constantemente ata que a mestura reseque e acaramele. Pon a enfriar os cacahuetes sobre una pota, tendo coidado ao separalos uns dos outros.
Escribe o teu nome e busca as letras que ten na receita de cociña.

O venres decidimos probar...os piñóns!!

Houbo para todos os gustos...soamente hai que ver as caras dalgúns je je je...
As fotos podedes velas no apartado das mesmas.Para traballar este froito foron quen de ler cada un deles unha historia dun esquío que vive no bosque en Moraña...xa veredes que ben o fan.

Estade atentos na casa que seguiremos comendo os froitos que faltan!


ANIVERSARIO DE FANY!




OLA A TOD@S!
CHÁMOME FANY E ESTE LUNS CUMPRÍN 4 ANOS.
NON LLO DIGADES A NINGUÉN PERO...COMEMOS GUSANITOS QUE LEVEI PARA OS MEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS!!
DIGAMOS QUE A FESTA DE VERDADE FIXÉMOLA O MÉRCORES POLA TARDE...XA QUE FIXEMOS A TARTA DOS SABORES QUE ME GUSTAN E ATA SOPREI AS VELAS E TODO!
OS NENOS E NENAS FIXÉRONME DEBUXOS E ESCOITAMOS OS CONTOS DO LIBRO QUE LEVEI PARA A CLASE. PASÁMOLO MOI BEN E EU ESTABA...GUAPÍSIMA, A QUE SI??

23 noviembre 2008

ATENT@S...QUE FAI MAXIA!







ANIVERSARIO DE ESTEBAN!




OLA!!
Aquí estou!! A semana pasada foi o meu aniversario. Chámome ESTEBAN e cumprín 4 ANOS.
Mirade que corona de ouro e diamantes me regalaron...parezo un rei de verdade, bueno, en realidade cos ollos tan bonitos que teño...non me fai falta adornarme moito máis!
Na nosa clase estivemos comendo carameliños que levei para repartir entre os nenos e nenas. Cantáronme cancións, soprei as velas na tarta que a profe me debuxou...pasámolo moi ben!

11 noviembre 2008

QUE BEN O PASAMOS NO NOSO MAGOSTO...







































COMEMOS GRANADA...CON PALILLOS CHINESES!!!

A SEMANA PASADA PROBAMOS UNHA FROITA DE OUTONO: A GRANADA.

DECIDIMOS COMELA COMO O FAN EN CHINA! COS PALILLOS CHINESES. FOI

DIVERTIDO E TIVO TANTO ÉXITO QUE AS COMEMOS...TODIÑAS!!



















































ALGÚNS DE NÓS...DECIDIMOS QUE NON QUERIAMOS PROBALA E NON PASOU NADA!