13 noviembre 2017

OBRADOIRO DE XABÓNS

Micaela e Pablo, os pais de Uma, propuxeron un obradoiro do máis oloroso de XABÓNS!
Aquí tedes as fotos da xenial mañá que pasamos hoxe en Carrio. Grazas ás familias que viñeron a compartir connosco un ratiño e sobre todo a vos, Mica e Pablo! Preme enriba desta foto para ver máis imaxes!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455344d6a49794d54493d0d0a&blogview=true


OBRADOIRO EN FAMILIA SAMAÍN- MAGOSTO

Como non podía ser doutra maneira no Samaín contamos coa axuda das familias para adornar cabazas de forma divertida e facer caixiñas para poder comer as castañas do magosto.
Moitas grazas ás familias que viñeron ao obradoiro, pasámolo de medo jajaja! Premede enriba da imaxe para ver máis fotos!



E aquí estamos caracterizados con traxes e máscaras que asustan un montón!




OUTONEANDO EN CARRIO

Chorreo con pipetas

Puntillismo con bastoncillos e pipetas

 Creación libre, collage




MAGOSTO NO ALBERGUE DE GANDARÍO

http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455344d6a45344d546b3d0d0a&blogview=true

Aquí están as fotos da festa do MAGOSTO que fixemos todas as escolas do CRA no Albergue de Gandarío!
Grazas ao Concello de Bergondo por deixarnos pasar o día nas instalacións e a Protección Civil por asar as castañas e coidar de todas e todos nós!
Preme enriba da imaxe para velas!

UNHA OLLADA AO PASADO: ROMA

Dentro do proxecto anual común de todo o CRA este curso foi escollido o relacionado coa cultura romana para dar continuidade ao do curso anterior no que traballamos a prehistoria e os castrexos.
Xa comezamos a traer información á escola, e ainda que é un tema complexo e de gran magnitude, o estamos explicando bastante ben!

CUMPLES DE OUTUBRO

No pasado mes de Outubro tivemos os cumples de:
 Uma (5 anos) e Martín (4 anos).
Parabens!!!