29 octubre 2017

XOGOS DIVERTIDOS




HENRI MATISSE

Dentro da parte artística, este curso estamos a coñecer un pouco a vida e a obra dun autor francés moi recoñecido chamado HENRI MATISSE.
A partir de contos como "Las tijeras de Matisse" o "El jardín de Matisse" estamos a achegarnos a como era o seu estilo e sobre todo o cambio a nivel artístico dende que se puxo enfermo e deixou o pincel para coller as tesoiras e crear. "La caída de Ícaro", "Le Blouse", "La danza", "El caracol", "La habitación roja", "Naturalezas muertas"...son obras que xa forman parte da nosa historia! Fixemos incluso unha obra conxunta nunha aplicación informática que temos exposta con moita satisfacción...
Os nenos e nenas están a participar moito na clase levando información e traballos sobre Henri. Grazas ás familias!









CARBALLOS E CASTIÑEIROS PARA OS NOSOS BOSQUES

Preme enriba para ver máis fotos!
Despois dos horribles incendios que tivemos en varios bosques de Galicia, Asturias, León ou Portugal, quixemos facer algo simbólico na nosa escola. Landras e castañas sumerxidas na terra para que aló pola primavera cando agromen e se convirtan en pequenas árbores, poidamos levalas aos bosques e plantalas.
LUMES NUNCA MÁIS! COIDEMOS A NATUREZA!

IOGA CON DADILA

Preme na imaxe para ver máis fotos!

A semana pasada tivemos a gran sorte de recibir a unha amiga que se chama Dadila e da clases de ioga para nenas e nenos. Pasámolo xenial! Sería fabuloso que en todas as escolas do mundo houbera unha ou duas sesións semanais de ioga para nenos, ensinar a relaxarnos é imprescindible!!! Grazas Dadila e ata cando queiras repetir, serás sempre benvida!💖





06 octubre 2017

VENDIMA CON MIGUEL

O avó de Carme tivo a amabilidade de traer á escola un montón de uvas para poder experimentar de moitas formas diferentes. 
Puidemos comelas, beber o seu zume, tocalas, ulilas, sentilas, aplastalas...Pasámolo moi ben e sobre todo aprendemos sobre unha tradición, a da vendima, que tendo as suas orixes moi atrás na historia...segue estando vixente nos nosos días.
Grazas a Carme e a súa familia, en especial a Mónica e Miguel, por acompañarnos na escola e deixarnos experimentar!
Por certo...o mosto estaba...DELICIOOOOOOSO!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455334d6a6b774d54553d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!

OBRADOIRO DE OUTONO

O Outono chegou no calendario pero os días de calor e sol seguen a deleitarnos a pesar de que xa comezamos a escola.
Como noutros comezos de estación, quixemos darlle a benvida á epoca outonal do mellor forma posible. A nosa mandala natural xa é todo un clásico!
Coa axuda das familias recibimos un montón de froitos, froitas, paus, follas...relacionadas co Outono e decidimos que o primeiro que debíamos facer era clasificar para poder logo colocar no círculo sagrado!Quedou impresionante!

Tamén quixemos realizar unha plantación especial e facendo honra ao conto de Anxo Moure, "O carballo con botas", plantamos bulbos nunhas botas do máis "modernas" para darlle unha segunda vida diante das fiestras do cole. Quedou orixinal e cando medren as flores...quedará fermosísimo!
Grazas ás familias, a Livia e Carla, pola axuda tan grandísima que recibimos!


http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455334d6a67344f446b3d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da foto para ver máis!
 

05 octubre 2017

XOGO NATURALÍSIMO

Os elementos da natureza brindan unha diversión infinita cando os usamos para o xogo libre potenciando deste modo a nosa imaxinación. Grazas nai natura!


VISITA DENDE GRECIA

A familia de Martiño ten un amigo que é moi aventureiro, valente e sobre todo deportista! Costas, que así se chama, comezou en Grecia unha andaina por moitos países de Europa entre os que se atopa o noso. Él quere chegar ata África pero antes visitou á familia de Martiño para compartir con eles un anaco do seu tempo e contar anécdotas a lo menos peculiares! Moitas grazas por ter visitado a nosa escola e contarnos en inglés como foi a túa emocionante viaxe, Costas! Que teñas un bo camiño ata o teu destino! E graciñas a Gabi e Gino por facer posible esta actividade na escola!

 

PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA

http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455334d6a67304e54673d0d0a&blogview=true
OS PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA!
Preme enriba da imaxe para ver máis fotos.

FELIZ CURSO 2017/2018

Benvidas e benvidos ao novo curso na Escola de Carrio!

 

FESTA DE FIN DE CURSO 2016/2017

Aquí tedes as fotos da fermosa e divertida festa que fixemos ao final do curso pasado 2016-2017.Grazas ás familias dos nenos e nenas, ás compañeiras pola axuda e cariño!! Foi un curso xenial! 
Uxía, Pablo, Amélia, Marta, Nuno, Julia e Mateo...que teñades a maior das felicidades na vosa andaina vital!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e4455334d6a67784e6a493d0d0a&blogview=true
 Preme enriba da imaxe para ver máis fotos!