15 enero 2017

ANO NOVO...COUSAS NOVAS!

E por fin chegou o ano novo! Xa estamos no 2017 e agradecidos por atoparnos de novo todas e todos esta semana foi bastante levadeira.
Xogamos moitísimo, contámonos moitas cousas, comezamos a facer as primeiras obras do segundo trimestre e ata fixemos a nosa sesión semanal de Ioga- mindfullness!



Como agasallo...este vídeo fermoso dunha canción tamén fermosa que me gusta moito
Feliz 2017 a todas e todos!


NADAL 2016

Este Nadal nas escolas do CRA de Bergondo tivemos a esperada visita do Apalpador e a súa colaboradora Alicia! Directos dende as fermosas montañas do Caurel, chegaron a Carrio con ganas de falarnos de todo o que viran na súa viaxe. Os animais dos bosques do Caurel son amigos do Apalpador e él os quere, protexe e respecta, coma nós. Pasámolo en grande e ademáis cantamos e bailamos con eles dous.
Moitas grazas pola visita e polos agasallos!!

Preme na foto!

Pero nos pasados días de festa tamén tivemos a visita dos Reis Magos de Oriente! Chegaron cargados con agasallos para as escolas e a verdade é que nos fixo moita ilusión!
Ese día tivemos festa de despedida do trimestre e todo!

<table cellspacing="0" cellpadding="0" border="0" bgcolor="#ffffff"><tr><td><a href="http://www.smilebox.com/play/4e4451354f5467344f44593d0d0a&blogview=true&campaign=blog_playback_link&partner=smileboxa" target="_blank"><img width="420" height="330" alt="Click to play this Smilebox slideshow" src="http://www.smilebox.com/snap/4e4451354f5467344f44593d0d0a.jpg" style="border: medium none ;"/></a></td></tr><tr><td><a href="http://www.smilebox.com?partner=smileboxa&campaign=blog_snapshot" target="_blank"><img width="420" height="46" alt="Create your own slideshow - Powered by Smilebox" src="http://www.smilebox.com/globalImages/blogInstructions/blogLogoSmilebox.gif" style="border: medium none ;"/></a></td></tr><tr><td align="center"><a href="http://www.smilebox.com/?campaign=blog_playback_link&partner=smileboxa" target="_blank">Slideshow</a> customized with Smilebox</td></tr></table>
 Preme na foto!

 Pero fixemos moitas máis cousas! 

Postais de Nadal!

 
 Reciclamos ceras!



Pintamos, creamos...



PARABENS CUMPLEAÑERAS/O DE DECEMBRO!

No mes de decembro houbo moita troula no cole!
Julia cumplíu 5 anos e Coral e Adrián 4 anos!
Parabens a todos!!