17 marzo 2016

DÍAS ESPECIAIS

DÍA DA HORA DO CÓDIGO 1 DE FEBREIRO
CON MIGUEL(PAI DE CHRISTIAN) E MARKUS (PAI DE NUNO H.)

AQUÍ TES TODA A INFO!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO 


DÍA DA MULLER 8 DE MARZO 


SEMANA DA PRENSA
http://www.lavozdegalicia.es/default/2016/03/09/00171457514312700402139/Fichero/Suplemento_La_Voz_de_la_Escuela_La_Voz_de_la_Escuela.PDF
Preme enriba da imaxe para ler a info completa!

FORESTAIS DE BETANZOS

Qué sorte! Tivemos aos Forestais de Betanzos nas escolas do CRA! Ademáis qué guai...viñeron os nenos e nenas de Vixoi coa profe Mónica!
Despois de ver unha peli moi molona e ensinarnos o seu traxe... resulta que trouxeron o camión co que van apagar os incendios e nos deixaron coller a mangueira e disparar con ela auga!!
Moitas grazas por visitarnos e esperemos que non teñades que apagar moitos lumes...temos que coidar os nosos montes!
http://www.smilebox.com/playBlog/4e444d354e5441784e54633d0d0a&blogview=true
 Preme para ver o vídeo coas fotos!

CUMPLEAÑERAS DE FEBREIRO

No mes de febreiro festexamos o cumple de Daniela e Mariña! Cumpliron 6 anos!!

                              PARABENS DANIELA!


PARABENS MARIÑA


BOSQUES DIFERENTES

Hai unhas semanas tivemos a sorte de ter na escola ao pai de Nuno H. ensinándonos un montón de cousas sobre os bosques chuviosos, concretamente unha extensión dun bosque de Costa Rica. Se aquí nos parece que temos verde...alí é unha pasada! Chove moito máis!!
Dende osos perezosos ata lagartos mini, pasando por árbores tremendamente xigantes. Incluso trouxo unha mochila de explorador!! Quedamos bastante abraiados do que se pode chegar a escoitar de noite...dá un pouco de medo pero a experiencia ten que ser...alucinante!! 
Grazas Markus!!
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e444d354e446b344e6a4d3d0d0a
 Preme na imaxen para ver o vídeo!

E falando de chuvia...cantos días caeu auga a cachón no mes pasado, verdade???
Había que aproveitar ese feito tan común na nosa terriña...así que decidimos ter unhas botas de auga no cole! Así non manchamos a clase cando voltamos do patio e podemos pasalo mellor sen poñernos ata arriba de auga e lama...bueno...non sempre o conseguimos!! É moi tentador ter ese planazo e non aproveitalo ao máximo...non?



E para rematar a experiencia xenial de ter a natureza ao noso alcance e pasalo ben tendo sempre respecto cara a ela...mirade o que pasou na leira do lado da escola!!
Talaron unha árbore!!!!! Esperamos que fose por estar seca ou enfermiña...sabemos ben que as árbores son unha das riquezas do noso planeta!