07 febrero 2015

Á BALBINA...NIN MEDIA PALABRA!

Hai xa uns cantos días que viñeron á escola os pais de Álvaro para contarnos moitas cousas sobre as antigas embarcacións que andaban ao patexo e á sardiña pola zona de Sada. Miguel e Ana puxeron moitas ganas e forzas...porque veredes a de cousas que levaron para ensinarnos!

Ademáis de todo o que nos contaron agasalláronnos cunha barquiña de madeira á que tan so lle tiñamos que elexir a vela. Pasámolo moi ben e quedamos en repetir visita con novas aventuras...Qué estará a matinar Miguel para traernos dentro de pouco...de seguro que cousas divertidísimas! Grazas familia! 




Click to play this Smilebox slideshow


AS TARTARUGAS MARIÑAS

Seguindo coa nosa particular viaxe polo mar, as Bolboretas de Carrio escollimos as tartarugas mariñas como animal para investigar e aprender sobre a súa vida, costumes, zonas onde habitan...
Xa comezamos a traer información...
Polo de agora aprendemos:
- Como se alimentan
- Como son: partes dunha tartaruga mariña
- As diferencias entre as demáis tartarugas; auga doce e terra.
Seguimos!


MAN, O ALEMAN DE CAMELLE QUE NOS CONQUISTOU A TODOS COA SÚA HISTORIA DE PAZ

O pasado venres día 30 de xaneiro quixemos conmemorar o Día da Paz cunha visita moi especial á Senra. Foi unha visita pasada por moooooita auga pero valeu a pena!

A autora do conto "Man, o alemán de Camelle" e a ilustradora ían compartir con todas as escolas do CRA parte da súa mañá contándonos como fora a vida de Man, un home peculiar que habitou no pobo de Camelle durante bastantes anos da súa existencia e que loitou por defender a natureza e sobre todo o mar. O triste "negro chapapote" acabou co seu folgo pero en todas as retinas dos/as que defendemos a natureza coma fixo él, quedará a súa loita.
Será porque nos fascina o que fixo, será porque foi real...
NUNCA MÁIS CHAPAPOTE NO MAR!





Se queres saber máis sobre MAN preme aquí.

Click to play this Smilebox slideshow


LEONARDO DA VINCI, XENIO DA HUMANIDADE


Este trimestre estamos a recibir cartas dun amigo chamado Leonardo da Vinci. Costounos un mundo saber como se chamaba porque non se lle ocurríu nada mellor que enviarnos o seu nome escrito ao revés! Descubrimos o enigma grazas a un espello. Leonardo naceu en Anchiano, un pobo cercano á cidade de Florencia pero como pasaba os seus veráns na aldea de Vinci, quedoulle o apodo de Leonardo da Vinci, que quere dicir en italiano, "Leonardo de Vinci". 
Solía escribir ao revés para que os demáis artistas non lle copiaran as súas ideas, a esta escritura se lle chama "escritura en espello" porque se a amosas diante dun espello podes ler o que pon.



Leonardo era un amante dos animais e por iso era vexetariano, que quere dicir que non comía nada de procedencia animal, incluso a roupa que vestía non era de pel animal. Lle gustaban tanto os animais que vivía con algúns deles no seu estudio e o seu favorito era o cabalo.
Era tan intelixente e tiña tantas ganas de aprender e investigar que aló onde ía levaba con él unha libreta e un lápiz para debuxar, escribir...todo o que lle resultaba interesante e así despois aprender de forma autodidacta.

 A historia nos conta que un conde moi importante de Florencia chamado Francesco Giocondo lle encargou un retrato da súa muller que se chamaba Lisa Gherardini. A Leonardo lle gustou tanto como quedou que non chegou a entregalo nunca. Ese cadro se coñece con dous nomes:  A Gioconda ou Monna Lisa, que significa madonna, señora en italiano.
Actualmente este cadro está no Museo do Louvre, en París e baixo medidas de seguridade excepcionais, xa que foi roubado varias veces.
      








AS ILLAS GALEGAS: ILLA DE SANTA CRUZ, OLEIROS

Continuando a nosa viaxe polo mundo do mar, neste 2º trimestre imos aprender moito sobre algunhas das illas máis importantes da nosa terra. Deixando un pouco de lado pero non de todo os faros que traballamos no 1º trimestre pasamos a coñecer de primeira man como son as nosas illas para que así algún día poidamos ir visitalas e xa non precisemos de tanta axuda dos guías que traballan facendo rutas nelas.

A primeira illa que traballamos queda moi cerquiña de Bergondo! Podemos ir cando queiramos xa que se atopa no Concello de Oleiros, na localidade de Santa Cruz. Se trata da ILLA DO CASTELO DE SANTA CRUZ. 



Esta illa ten como xa dixemos un castelo con moitas lendas e historias entre as pedras das súas paredes e muros. O castelo foi mandado construir polo xeneral Diego das Mariñas. Primeiro quixo habitar alí o temido pirata inglés FRANCIS DRAKE  que no seu afán de conquistar a cidade da Coruña loitou contra a valente MARÍA PITA. Máis adiante mercou a illa o esposo da escritora EMILIA PARDO BAZÁN e finalmente o castelo albergou durante moitos veráns aos orfos da guerra civil española. Actualmente é a sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) onde se realizan moitas actividades de tipo educativo ambiental. Podes premer aquí e visitar a súa páxina web.
Click to play this Smilebox slideshow

INVERNO DE VERDADE

Nestes días de tanto frío e coa neve tan preto de nós...aproveitamos para facer algún traballo relacionado coa estación de inverno. Frío, frío e máis frío!






06 febrero 2015

CUMPLEAÑEROS DE XANEIRO!

Parabens Mateo e Tommy!
5 e 6 anos xa!!






E a profe tamén é de Xaneiro e nos levou a Torre de Hércules para comela! Ñaaam!