15 diciembre 2013

NADAL DIVERTIDO E SORPRENDENTE!

Aquí vos deixamos algunhas das creacións que estivemos facendo na aula por estas datas de Nadal!
É sorprendente como con pouco se pode chegar a facer moito e aquí vos ensinamos como o fixemos nós!
Materiales sinxelos e divertidos: piñas, plumas, papeis de cores, purpurina...adornan dende hai días a nosa escola! 


Este curso quixemos facer un calendario de adviento reciclado con cartón e tubos de papel hixiénico. Mirade que chulo nos quedou e sobre todo...vaia sorpresas que leva dentro! 
Deste modo...traballamos e aprendemos moitos aspectos!
O noso calendario ten forma de casa! 
Anímate a facer un parecido!

Aquí vos ensinamos como o fixemos e un vídeo que amosa un parecido ao noso con forma de árbore!

QUE VIVA GALICIA! QUE VIVA LUGO!

Rematada a provincia da Coruña...pasamos a outra parte de Galicia con moito encanto e fermosura!
LUGO!!
Esta provincia ten moito que amosar así que ainda que comezamos agora...este será traballo do seguinte mes de xaneiro!
De todos os xeitos...as bolboretas de Carrio son moi traballadoras e xa foron traendo información sobre algúns lugares, costumes e tradicións lucenses! Grazas!!
Aquí tedes!

Atentas/os...
Esta semana teremos unha visita moi especial dunha persoa que precisamente ven dende as montañas do Courel...adiviñades de quen se trata?

DESPEDIMOS AO PAIS DO SOL NACENTE!

Chegamos ao final da nosa viaxe por terras niponas e como non queríamos marchar de alí sen facer algo especial...decidimos convidar á nosa clase a Thais, a nai de Bruno.
Thais viviu hai algúns anos en Xapón, de feito Bruno naceu alí! 
Aproveitamos unha información que trouxo sobre o ORIGAMI para facer un pequeno obradoiro na aula.
Aquí tedes o resultado! 
Arigatou gozaimasu, Thais! (有難う御座います)



Pasámolo moi ben!

Aproveitando que tiñamos unha froita de outono na clase 
dedidimos comela como farían en Xapón...jejejee!


SAYOUNARA JAPAN!

FESTA DE CLARA T.





01 diciembre 2013

MÁIS CORUÑA

Ai...me parece que nos entretimos demasiado na nosa provincia...pero temos excusa!! 

A Coruña ten lugares máxicos a moreas e non podemos marchar para outro lugar mentres non os "visitemos", sería unha trapallada deixar de coñecer determinados sitios e obviar historias fascinantes de personaxes que de verdade foron heroes non hai tanto.

Un exemplo clarísimo e que non pode estar máis acertado neste momento...é ter unha lembranza para un home que morreu de tristura por culpa da traxedia do Prestige.
Falamos de MAN, O ALEMÁN DE CAMELLE, do que hai un libro infantil editado por Galebook.

Co motivo do PRESTIGE, MAN comentóu:
«yo decir que esto no debe limpiarse nunca...,Ser episodio de la Historia. Quedar así debe, para todos recordar quién es hombre, porque hombre no querer a hombre, ni a mar, ni peces ni playa»


Se queres saber máis sobre MAN...preme nesta foto do seu museo.

Aquí tedes o que aprendemos nós da lectura do conto que grazas a Isa puidemos coñecer.


Ademáis tamén falamos sobre o CASTELO DE SANTA CRUZ e o CASTRO DE BAROÑA...buufff, como imos marchar tan pronto da Coruña???
Se queres que OS BOLECHAS te expliquen de forma divertida como é un castro...preme nesta imaxe.

Este é o CASTRO DE BAROÑA, preme enriba para saber máis.

Este é o CASTELO DE SANTA CRUZ, preme enriba para saber máis.
Hoxe en día recibe o nome de CEIDA, infórmate aqui.

E falando e falando...mirade!


COMO E CANDO CAEN AS FOLLAS?

As follas caen das árbores porque, coa chegada do outono, as árbores de folla caduca desenvolven unha estratexia biolóxica: desprenderse dos elementos que consumen máis do que producen.

Durante os meses cálidos, as follas -ao igual que as raíces- alimentan ás árbores proporcionándolles nutrintes a través da fotosíntese. Coa diminución das horas de sol, as follas apenas logran enerxía, polo que deixan de ser unha vía de sustento.

Ademais, a persistencia de follas verdes nas árbores durante o inverno supoñería un grave perigo para estes, xa que, á hora de realizar a fotosíntese, a folla require absorber humidade e, co frío, a humidade podería conxelarse, matando a folla e, o que é peor, eliminando a posibilidade de que outra folla nova ocupe o seu lugar.

Para que isto non aconteza, coa chegada do outono as árbores de folla caduca producen unha serie de células que se desenvolven na zona de unión entre a folla e a rama. Estas células impiden a alimentación das follas provocando que perdan forza e, finalmente caian. Cando remata a época invernal e as horas de luz aumentan de novo, as células disípanse e dan lugar a unha nova folla.


Investigaremos...qué árbores de folla caduca 

de folla perenne coñecemos?



SABÍAS QUE PABLO PICASSO VIVÍU NA CORUÑA?????

Menudo notición!
Pablo Picasso viviu na Coruña 5 anos!
Esta é a vivenda. Atópase na Rúa Payo Gómez 4 e podes visitala no horario permitido e de forma gratuita!
Pero...por qué estuvo vivindo Pablo durante 5 anos na cidade da Coruña?
Nós xa o sabemos!
Ademáis quedou un recordo máis que suficiente na cidade da "Torre de Caramelo" como él lle solía chamar...A súa irmá pequena Conchita, faleceu neses anos e está enterrada no Cemiterio de San Amaro.
Se queres máis información...preme aquí e aquí!

27 COUSAS QUE DEBEN EXPERIMENTAR OS NENOS/AS ANTES DE CUMPLIR OS 6 ANOS

SIMPLEMENTE...ENCANTOUME E QUERÍA COMPARTILO CON TODOS E TODAS VOS!