30 mayo 2013

OBRADOIROS DE COCIÑA COAS FAMILIAS

Este mes de maio e parte do mes de xuño faremos na nosa clase OBRADOIROS DE COCIÑA que levarán a cabo as familias.
Por agora xa tivemos a visita de PILAR, JUANI, INMA, CARMEN, THAIS, INDIRA, MANUELA E PATRICIA que nos ensinaron varias recetas. Mirade, mirade...e chupade os dedos mentres non poñemos os vídeos con máis fotos...jeje

 MAGDALENAS DE MERMELADA CON PILAR


  PIZZA DE XAMÓN CON JUANI

 TRIBULÉS CON INMA E CARMEN



 CACHAPAS CON INDIRA E THAIS

 BISCOITO DE ARÁNDANOS CON MANUELA E PATRICIA


MOITAS GRAZAS A TODAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
(Cando rematemos, poñerei os vídeos de todas as recetas con máis fotos.)

ÁFRICA MÁXICA...AS SERPES ENCANTADORAS DE CARRIO

Rematada a nosa viaxe por EXIPTO, non quixemos marchar moi lonxe e estamos a visitar outros países de ÁFRICA, pois queremos aprender cousas sobre os 3 ecosistemas principais que hai no continente: DESERTO, SABANA E SELVA.



Ademáis, como o martes día 4 imos facer unha saída ao cole dos maiores, Cruz do Sar...imos participar como non podía ser doutro modo, no proxecto que eles levan desenvolvendo dende principio de curso e que trata tamén sobre África. Imos levar un mural sobre un animal moi especial...A SERPE.
Estas son Estrela e Mundo, as serpes de Carrio



Aquí tedes un resumo do que levamos traballado...



12 mayo 2013

ALBA CUMPLE 5




A CAMISA DO HOME FELIZ



León Tolstoi  LEÓN TOLSTOI

O AUTOR
Lev Nikolàievitx Tolstoi (1828-1910), foi un
escritor ruso, un dos grandes novelistas clásicos de todos os tempos,
especialmente distinguido por obras como Guerra e paz e Anna Karènina.

No seu ideario filosófico destaca a noción de resistencia pacífica. Este
ideario foi expresado en libros como "O Reino de Deus está en vos" e
influiu en personalidades do século XX como Gandhi, e Martin Luther King.

Ademais de escritor e filósofo, foi un anarquista cristián, un pacifista, un
reformador da educación e vexetariano.
A pedagoxía non foi para Tolstoi unha actividade
secundaria, senón unha preocupación fundamental na súa vida. Instalouse en Iàsnaia Poliana, onde se dedicou á educación dos nenos dos campesiños.
Fundou unha escola na súa propiedade e outras en todo o
distrito, editou a revista Iàsnaia Poliana e publicou
varios libros para o ensino.
Impartía módulos de ximnasia e prefería o xardín para dar clases. Creou para iso unha pedagoxía libertaria cuxos principios instruían no respecto a eles mesmos e aos seus semellantes.

Tolstoi foi dos primeiros en reclamar o dereito a
a educación para todo o mundo. Dedicou, así
mesmo, moito tempo ao estudo da xeometría, a
física, a química, a astronomía e a zooloxía.




"NON SE PRECISA TER MOITO PARA SER FELIZ"
E SOBRE TODO..."A FELICIDADE ESTÁ NO CORAZÓN"

DEUSES EXIPCIOS...










Aquí temos aos DEUSES E DEUSAS máis importantes de EXIPTO.
Estamos entusiasmados con eles e por iso quixemos traballar ademáis dos seus nomes...os tan recoñecidos perfiles exipcios. Porque descubrimos que os antiguos habitantes daquelas magníficas terras, empregaban o perfil no rostro, pero o seu tronco era representado de frente e as pernas en movemento ou paradas outra vez en perfil. FASCINANTE!!
Dende a páxina do blogue que temos no CRA, O MUNDO ENTEIRO, temos un xogo divertidísimo que nos ensina un pouco unha historia de exipcios representada por bonecos de Lego! Queres xogar? Preme AQUÍ

CONSTRUCCIÓNS IMPOSIBLES? XA VEREMOS...

Queremos montar unha estructura con material de refugallo, neste caso tetrabricks de zumo e leite mesturados nunha peza cun pequeno lienzo triangular. A súa finalidade é gardar todos os traballos dos irmáns Grimm de forma que queden recollidos todos xuntos e fáciles de acceder cando queiran xogar con eles.
 Esperamos conseguilo... Comezamos...


QUÉROTE MAMÁ