29 abril 2013

DÍAS IMPORTANTES

DÍA DA ÁRBORE 

DÍA DA TERRA

DÍA DO LIBRO

AMULETOS EXIPCIOS


OLLO DE HORUS

CHAVE DA VIDA

GATO BASTET


ESCARABELLO

ALEGRÍA, LEDICIA...

Este trimestre estamos a traballar a risa e a ledicia. Estar alegres é moi beneficioso tanto para un mesmo coma para os que nos rodean. Pensa que o teu sonriso é a menciña para moitos dos males dos demáis e non custa nada!!
Para poder comprender este sentimento estamos a facer moitas actividades que teñen que ver coas cousas que nos producen ledicia e risa.
Velaquí tedes unha mostra...
"A GALIÑA CEGA" de Goya, é unha das obras que estamos a traballar. Ademáis do xogo en si, que é ben divertido, e ao que xogamos na clase e no patio, dialogamos sobre como se sentirán os personaxes do cadro e cal é o que máis nos gusta de todos eles. Mediante a técnica de ensinar soamente unha parte da foto...sairon moitas cousas! "É unha piscina", "É un baile", "Están rezando"...Ao final ata lle eliximos nome e todo!




 E qué pasa cos nosos pensamentos...? A imaxinación de cada un é ben distinta. Ás veces pechamos os ollos e deixamos que a nosa cabeza voe sen rumbo fixo...Pois iso fixemos tamén no cole...pensativos, quixemos imaxinar algo que nos gusta e nos pon alegres todo a través da obra do autor Karl Schmidt - Rottluff "MULLER PENSATIVA" .


 Aquí está o resultado...esperamos que vos guste!
 
Click to play this Smilebox slideshow

28 abril 2013

PEDRO E ROQUE CUMPLEN 5




PROTECCIÓN CIVIL...POR FIN A VISITA GUAI!



O tempo deixounos por fin disfrutar da tan esperada visita de PROTECCIÓN CIVIL DE BERGONDO!!
Aquí nos tedes pasándoo bomba!!
Grazas por ensinarnos cousas tan importantes!

16 abril 2013

EXIPTO...E O NILO ME LEVOU

Seguindo coa nosa viaxe polo mundo da man de  MADLENKA...chegamos a un novo continente: ÁFRICA.

O primeiro país que visitamos é o benquerido EXIPTO, terra de faraóns, sarcófagos e momias (entre toda a riqueza cultural que ten!)

E qué investigar sobre Exipto? Xa veñen con moita información...jeje Pero bueeeeno...queremos saber un pouco de todo. Plantexousenos unha primeira dúbida...hai auga? Pois...a estas alturas sabemos de sobra que si! O río Nilo e o Mar Rojo e Mediterráneo...rodean este fermoso país de norte a sur.

Aquí tedes un resumo de todo o que levamos aprendido e traballado a partir da información que imos traendo a clase...
Click to play this Smilebox slideshow





E aquí tedes as fotos dos materiais que estamos a levar á escola...Grazas familias e amigos!!



AROMATIZANDO A ESCOLA




Este curso imos ter unha hortiña de plantas aromáticas en Carrio!!

QUÉ ACONTECE NO MUNDO HOXE??

Este trimestre queremos traballar O XORNAL na clase. 

Todos os martes recibimos periódicos na escola, así que ademáis de reutilizalos cando xa non serven...queremos aprender as partes e a función da prensa escrita.

A primeira actividade que fixemos foi a de observar os xornais de modo libre. Observamos que teñen letras, números e imaxes, incluso algúns debuxos. Moi por riba comentamos onde estará o nome do xornal e algúns datos máis que iremos traballando unha vez á semana.

Facemos unha pequena dramatización. Eu son a directora dun xornal moi importante de Bergondo e preciso xornalistas cualificados e serios para que escriban noticias no meu periódico. Todos e todas elas...teñen unha misión!! Deben buscar 2 fotos cada un e recortalas. A continuación...atención, temos que inventar un titular para cada foto!! E qué é un titular?? "Algo que titula!", "Un conto da biblioteca", "Un pegamento" (Ja ja ja!!) Explicamos o que é un titular e con duas fotos eu dou os primeiros titulares. Dende logo...son boísimos xornalistas e quedan todos e todas contratados!! Agora...a pegar as fotos e a escribir!
Este é o resultado...




Outra actividade que fixemos foi a de buscar determinadas letras no xornal, recortalas e pegalas. Neste caso tratouse das vogais.

03 abril 2013

E CONTINUAMOS VIAXANDO...

















FERMOSA PASCUA







PROTECCIÓN CIVIL EN CARRIO

Este curso tivemos de novo a visita de PROTECCIÓN CIVIL DE BERGONDO. Nunca está de máis lembrar unha serie de cousiñas que tidas en conta a tempo...poden axudarnos en moitos casos de perigo inesperado.
Debido ao temporal non puidemos sair para ver o camión pero nos prometeron que voltarán!
Grazas polas ensinanzas!






ROSAURA CUMPLE 5