27 noviembre 2012

NAMASTÉ...VACAS SAGRADAS

FONTE: YOUTUBE.COM
LEMBRAMOS ESTE VÍDEO DO CURSO PASADO QUE NOS GUSTA MOITO PARA RELAXARNOS. O TEMA VAI DE VACAS!!! MUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU!!!

AS VACAS NA INDIA SON SAGRADÍSIMAS!!
DE FEITO SE IMOS Á INDIA PODEMOS TER PROBLEMAS SE NON AS RESPECTAMOS. SON VENERADAS E ADORADAS E CAMPAN AS SÚAS ANCHAS POLAS RÚAS COMA SE DE PRADOS AQUÍ EN GALICIA SE TRATARAN!!!


FONTE: YOUTUBE.COM

HAI ARTISTAS QUE PINTAN E DECORAN VACAS. PERTENCEN AO MOVEMENTO COWPARADE, QUE VISITA MOITOS LUGARES DO MUNDO E NO ANO 2009 ESTIVO EN MADRID!!
PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS!

NÓS TAMÉN QUIXEMOS DECORAR AS NOSAS VACAS SAGRADAS...MIRADE, MIRADE!!

PREME DÚAS VECES ENRIBA DO VÍDEO PARA ESCOITAR A MÚSICA!!

VISITA DA POLI

E REMATAMOS O NOSO PROXECTO SOBRE BERGONDO COA VISITA DA POLICÍA!
AI...!! CANDO VIMOS ENTRAR AO AXENTE NA CLASE...ALUCINADOS QUEDAMOS TODOS!!
APRENDEMOS MOITAS COUSAS CON ÉL SOBRE...
-  EDUCACIÓN VIAL( NO COCHE TEMOS QUE IR SENTADIÑOS NA SILLA, CO CINTURÓN DE SEGURIDADE E A UNHA VELOCIDADE ADECUADA...OLLO, OLLO!!)
-  MEDIO AMBIENTE (OS EXCREMENTOS DOS CANS A RECOLLELOS TODO O MUNDO E AS BASURAS CADA UNHA AO CONTENEDOR QUE TOCA...)
- SEGURIDADE (SE NOS PERDEMOS...NON LLE TEMOS QUE TER MEDO AOS AXENTES SENÓN TODO O CONTRARIO...ACUDIR A UN DELES SE O VEMOS)
- INCENDIOS...
E ATA NOS CONVERTEMOS NUN DELES COA SÚA INDUMENTARIA!
AO FINAL DE TODO CONSEGUIMOS OBTER UN CARNET DE BO PEÓN QUE LEVAMOS PARA CASA BEN CONTENTIÑOS!!

MOITAS GRAZAS, SEÑOR AXENTE!! FOI UNHA GOZADA CONTAR COA SÚA PRESENCIA!



PREME DÚAS VECES PARA VER O VÍDEO E PODER ESCOITAR A MÚSICA!

23 noviembre 2012

AU REVOIR...FRANCIA!

Chegamos ao final da nosa viaxe por FRANCIA!! 
Pasámolo realmente ben e aprender, aprender...penso que aprendemos bastante, así que...aquí vos deixamos a última entrada con dúas actividades que fixemos a semana pasada na nosa clase.

Plantexámonos a pregunta de con qué moedas pagarían os franceses e comprobamos que coas mesmas que temos nós, así que...si finalmente imos a París e queremos subir na Torre Eiffel...non teremos problemas para pagar a entrada!!



Do mesmo xeito...quixemos rematar esta parte da nosa viaxe con Madlenka polo mundo dunha forma doce, doce...(somos moi golosos!!) por iso coa axuda de Juani e Isa, nais de Roque e Pedro Hernández e Aldán...convertémonos en cociñeiros, además de coñecer a orixe da gastronomía francesa e dun postre típico francés...nada máis e nada menos que... A TARTA TATÍN!!
Mirade, mirade...ñam, ñam!!



Aquí tedes o vídeo que elaborou Juani para ensinarlles a gastronomía francesa.

Moitas grazas a Isa e a Juani, pola vosa axuda e colaboración!!!

22 noviembre 2012

21 noviembre 2012

PRÓXIMA PARADA...INDIA

















Esta semana seguimos viaxando con Madlenka e comezamos a traballar un dos países con máis contrastes do mundo:  A INDIA
Ímolo pasar...xenial e esperamos aprender moitas cousas interesantes!
Namasté... 

SORPRESA DENDE MIÑO


SORPRESA!!!!


A semana pasada recibín unha sorpresiña dende Miño!!

Os nenos e nenas que tiven na clase de 3 anos co CPI

 Castro Baxoi escribiron un comentario no blogue que poñía 

ESCOLA DE CARRIO pero confundíronse escribindo no da 

clase das Xoaniñas...jejeje!!


 Copio o que escribiron, que me fixo moita ilusión!

Moitos bicos para eles e elas e para as profes María José e 

Lucía. Unha aperta xigantesca para a vosa profe, que se 

recupere prontiño!! Quérovos moito e penso moitas veces en 

todos e todas vós!! Cando poida vos irei a visitar!!

 Mándovos moitos bicos!!Graciñas!!

Hola Saleta!

Somos los niños de 5 años de Miño, Murilo, Candela, Vicky,

 Laura, Aitor, Rubén, Eloy, Manal, Noa, Mateo y Daniela.

Candela: "te quiero mucho"

Murilo: "Estamos investigando sobre los dinosaurios"

Mateo: " te quiero mucho Saleta"

Aitor: "tenemos dos niños nuevos que se llaman Alberto y 

Pablo"

Laura:"quiero que vengas un día a vernos"

Noa: "El Tiranosaurios Rex es carnívoro"

Daniela: "La profe María José está malita, se cayó de nariz"

Manal: "Vamos en la clase de 5 años ya"

Eloy: "Te quiero mucho"

Muchos Besos!!

13 noviembre 2012

CATEDRAL NOTRE- DAME E MUSEO DO LOUVRE



VISITA VIRTUALMENTE A CATEDRAL DE NOTREDAM EN PARÍS. 
PREME ENRIBA DESTA IMAXE



VISITA  O MUSEO DO LOUVRE EN PARÍS.
PREME ENRIBA DESTA IMAXE


10 noviembre 2012

RECEITAS DE OUTONO



ESTE OUTONO QUENTIÑOS NA CASA PODEDES PROBAR A FACER COS NENOS E NENAS ALGUNHA DESTAS RECEITAS CON CABAZA E CASTAÑAS.
ESTARÍA BEN QUE NOS CONTEDES QUÉ TAL RESULTOU!


        FONTE DESTA INFORMACIÓN: http://issuu.com/reboreda/docs/receitas_outono

07 noviembre 2012

BRUXAS E BRUXOS BEN SIMPÁTICOS!








E qué mellor forma de superar os nosos medos que con esta fermosa poesía que trouxo hoxe ALDÁN!!




SAMAÍN E MAGOSTO 2012


Aquí vos deixamos a reportaxe da nosa andaina no "cole dos maiores" cando a semana pasada fomos convidados a ver a súa exposicion de cabazas. Tamén asistimos no edificio da Senra a un espectáculo ben divertido. Finalmente comemos castañas feitas por un amigo bergondés que estaban...boísimas! Rematamos a festa xogando e gozando no parque infantil municipal de Santa Marta!!
"XA CHEGOU O MAGOSTO
QUE VIVA A FESTA RACHADA
OS MENIÑOS DO CRA DE BERGONDO
TIVERON O MARTES PASADO
CASTAÑADA!!!"







06 noviembre 2012

FRANCIA...SEGUIMOS VIAXANDO!


 FONTE: YOUTUBE.COM






A GIOCONDA OU "MONA LISA" É UNHA OBRA DE ARTE QUE PINTOU O ARTISTA LEONARDO DA VINCI. ACTUALMENTE EXHÍBESE NO MUSEO DO LOUVRE DE PARÍS. O MATERIAL QUE EMPREGOU LEONARDO FOI A PINTURA AO ÓLEO E LEVOU A CABO DITA PINTURA COA TÉCNICA DO "SFUMATO". ESTE CADRO NOS GUSTA MOITO.


E para endulzar a nosa viaxe por FRANCIA, con MADLENKA... quixemos converternos nuns reposteiros de primeira facendo con Ana (Moitas grazas!!) CROISSANTS FRANCESES como os que fai Gastón, o panadeiro na súa panadería!! Estaban...DELICOSOS!!!