30 septiembre 2012

MERENDAS CON LEDICIA






ONDE VIVES TI? EU EN BERGONDO

Esta semana estivemos traballando entre outros, aspectos relacionados co concello de Bergondo, temática central deste primeiro trimestre. Aquí aparecen as bolboretas creando as súas contas para facer posteriormente colares ou pulseiras, como facían os xoieiros, profesión típica da zona. Xa veredes qué fermosos van quedar.


Moitas grazas ás familias que estades colaborando no proxecto, xa que sin a vosa axuda...nada disto sería posible!
Aquí tedes algunha das fotos que temos co material que os nenos e nenas van traendo.




Por último, aquí tedes unha reportaxe dalgúns dos contidos que traballamos esta semana. Tamén aproveitamos para buscar na PDI no programa google maps onde está Carrio, entre outros lugares. Coñecimos onde está a Casa do Concello e situamos Bergondo nun mapa. Pintamos libremente casas do bosque, de campo...
Seguimos traballando...





XOGOS NA PDI

Como nós non temos PDI (Pizarra Dixital Interactiva) na nosa aula, cambiamos cos nosos compañeiros do lado... de clase, para poder disfrutar e xogar con ela. Esta semana como estuvemos falando do oficio típico da nosa zona, A XOIERÍA, aproveitamos para facer xoias e convertirnos doutro modo máis en artesáns da prata e ouro virtuais.




22 septiembre 2012

AS NOSAS MAÑÁS






PARA PODER ESCOITAR O VÍDEO CON MÚSICA, PREME DÚAS VECES ENRIBA DEL PARA QUE ABRA NOUTRA VENTANA.

AS NORMAS DA NOSA CLASE







OS NOSOS "LUGARES" DE TRABALLO

ESTE CURSO 2012-2013 AS BOLBORETAS DE CARRIO XA SON MAIORES, ASÍ QUE A MELLOR MANEIRA DE DEMOSTRALO... É TRABALLANDO NOS DIFERENTES "LUGARES" DA CLASE.
O LUGAR DE CREAR



O LUGAR DE ESCRIBIR



O LUGAR DE INTERACTUAR


BENVIDA CLARA!

 ESTE CURSO TEMOS UNHA NOVA COMPAÑEIRA NA ESCOLA DE CARRIO. CHÁMASE CLARA E É UNHA NENA MOI GUAPA COMO BEN PODEDES VER NAS IMAXES.
CADA DÍA XOGA E APRENDE COUSIÑAS COS DEMÁIS COMPAÑEIROS/AS E COA PROFE.
A CLASE DAS BOLBORETAS MEDRA! BENVIDA CLARA!

14 septiembre 2012

XA ESTAMOS AQUÍ!!


PARA PODER ESCOITAR O VÍDEO CON MÚSICA, PREME DÚAS VECES ENRIBA DEL PARA QUE ABRA NOUTRA VENTANA.




Ola amiguiñas e amiguiños!
Esperamos que vos guste o novo aspecto do noso blogue e que cada vez que o visitedes poidades marchar ao rematar cun sorriso na vosa cara!
Isto comeza xa!
Lembrade que podedes deixar os vosos comentarios nas entradas que vaiamos facendo!
Apertas das Bolboretas de Carrio!

09 septiembre 2012

VOLTA AO COLE!


Ola a todas/os de novo!
As Bolboretas de Carrio xa estamos aquí outra vez!
Este curso 2012/2013 está a piques de comezar e por iso pensamos que a mellor forma de facelo é repartindo sorrisos así que...trae o teu posto, vémonos este mércores día 12 , xa non queda nada!!!
A todos os compañeiros/as doutras escolas, mestres/as, amigas/os...
BO CURSO 2012-2013!