25 marzo 2012

OBRADOIROS DE ALIMENTACIÓN











PULSEIRAS CON SEMENTES




PAN CON TOMATE

AS NOSAS CARPETAS



XOANIÑA XIGANTESCA!




ANIVERSARIO DE ROSAURA






PARTICIPAMOS NUN CONCURSO DE XOIAS!

Dende o CRA de Bergondo quixemos participar neste concurso de creación de xoias para o día da nai, promovido polo COLEXIO OFICIAL DE XOIARÍA. Se alguna das nosas creacións resulta gañadora…a nai da/o artista terá a posibilidade de ter esa xoia, xa que será fabricada como agasallo no día da nai.

Aquí tedes as nosas creación!! A ver se temos sorte!!



17 marzo 2012

O BLOGUE DE ARTE DO CRA DE BERGONDO


ATENCIÓN, ATENCIÓN!!

AQUÍ TEDES O BLOGUE DE ARTE DO CRA DE BERGONDO!

XA QUE O CPI CRUZ DO SAR VAI TRABALLAR AUTORES DE ARTE ESTE CURSO, NÓS DENDE AS ESCOLAS DO CRA QUEREMOS APORTAR O NOSO GRAO DE ARENA.

CADA UNHA DAS CLASES, ELEXIMOS UN AUTOR. AS BOLBORETAS DE CARRIO ESCOLLIMOS AO XENIO HOLANDÉS VINCENT VAN GOGH.

POLO MOMENTO NON COMEZAMOS, PERO IDE BUSCANDO INFORMACIÓN, FOTOS, OBXECTOS... QUE POIDAN AXUDARNOS A COÑECER COUSAS SOBRE A VIDA E OBRA DESTE AMIGUIÑO ARTISTA.

PARA VISITAR O BLOGUE PINTUREIRO PREME AQUÍ.

DISFRUTA COS XOGOS E RECURSOS QUE HAI, SON DIVERTIDÍSIMOS!

XOANIÑA JUANITA BENVIDA!


AS NORMAS PARA "XOGAR A PENSAR"
ESTE É O CARTEL COAS NORMAS QUE TEMOS EXPOSTO NA CLASE. TEMOS QUE CUMPRILAS SENÓN...PODEMOS SER EXPULSADOS DO XOGO E ISO NON O QUEREMOS POR NADA DO MUNDO!! PERO...POR AGORA CUMPRÍMOLAS E MOI BEN!!


OS PEIXES VERMELLOS DO LAGO

ESTA SEMANA TRABALLAMOS O RESPECTO AOS DEMÁIS. SENTÁMONOS EN RODA NAS NOSAS CADEIRAS XA QUE DE ESE MODO SABEMOS QUE CHEGOU A NOSA AMIGA JUANITA! QUEREDES VELO? DISFRUTADE DAS FOTOS E DA MÚSICA.



JUANITA PRESENTOUNOS A UNS AMIGUIÑOS QUE COÑECEU POR CASUALIDADE NO LAGO CANDO SE VEU REFLEXADA: DOUS PEIXES VERMELLOS!! E AINDA QUE SEXAN PEIXES...PARÉCENSE MOITO A ELA! SON DA MESMA COR E TEÑEN LUNARES! E NÓS PARECÉMONOS??
JUANITA TRAE SORPRESAS:
- UN LIBRO DE NENOS E NENAS DOUTRAS ESCOLAS DO MUNDO, QUE SENDO DIFERENTES A NÓS...SON NENOS E NENAS IGUAL QUE NÓS!
- UN DOMINÓ PARA XOGAR CON CARAS DE CHINESES, AMERICANOS, AFRICANOS...
- UNHA XOANIÑA XIGANTE PARA SENTARNOS ENRIBA E XOGAR A PENSAR E DIVERTIRNOS MOITO, MOITO!

ADEMÁIS A PROFE COVA TROUXO UN CONTO EN ENGLISH QUE FALA DUNHA "LADYBIRD" QUE É XOANIÑA EN INGLÉS E DEIXOULLO DIANTE DA CAIXA DE JUANITA PARA QUE TOMARA BOA NOTA DEL E ESTA SEMANA CANDO VOLVA NO-LO CONTE!

E QUE TENDO TANTAS AVENTURAS NA CLASE COA NOSA AMIGA JUANITA...ADEMÁIS DE PASALO FENOMENAL, FALAMOS MOITO SOBRE O RESPECTO AOS DEMÁIS, FUNDAMENTAL VIVAS ONDE VIVAS. ASÍ XA SABEMOS QUE AINDA QUE SEXAMOS DIFERENTES...ÁS VECES PARECÉMONOS MÁIS DO QUE CREMOS.

XA ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE ESTA SEMANA PARA VOLVER A VER A JUANITA.

ALIMENTOS SANOS E SABOROSOS







Esta semana comezamos unha nova aventura na nosa clase e ten que ver con algo moi saboroso!!

Queremos saber qué alimentos son saudables, cales están “ricos, ricos con fundamento” e sobre todo aprender que temos que comer de todo, dieta variada e sana!!

O xoves día 22 imos facer uns obradoiros na clase coa colaboración dalgúns pais e nais:

- Títeres con culleres, garfios e espátulas de madeira.

- Macedonia de froitas

- Pan con tomate (todavía non está confirmado)

- Pulseiras con sementes de soja, lentellas… (todavía non está confirmado)

Para os títeres de madeira estivemos traballando moito esta semana pintándoos de moitas cores. Mirade o seguinte vídeo!




MÁIS DO LIBRO DO CORPO HUMANO








07 marzo 2012

XOANIÑA JUANITA...CHEGACHES A CARRIO???

Mañá xoves comezamos na nosa clase una nova actividade.

Imos aprender a XOGAR A PENSAR!! Para que vos enteredes, imos facer FILOSOFÍA!! Ui, ui, ui…qué palabrota!!!

Estamos desexando comprobar se a nosa amiga Juanita acertou en chegar a Carrio. Esperamos que si e que mañá poida empezar a ensinarnos cousiñas fermosas como: respectarnos, dialogar, non ter medos, querernos a nós mesmos…a través de moitas ferramentas e recursos que nos vai levar á nosa clase.

Xa vos contaremos!!

O LIBRO DO CORPO HUMANO




Esta semana comezamos a levar para casa o libriño do PROXECTO DO CORPO HUMANO que rematamos hai pouco tempo. Nel están recollidos todos os documentos, traballos empregados e as tarefas que fixemos. Hai un apartado ao final onde as familias podedes escribir as vosas opinión, suxerencias, comentarios…e cando vaia a todas as casas quedará na nosa biblioteca de aula como un libro de consulta máis.

Para decidir quen o leva para casa estamos facendo un sorteo cada día. Eu anoto un número do 1 ao 6 nun papel que escondo no bolsillo do meu mandilón. Eles elixen un dos números e imos anotando a elección de cada un na pizarra. O “dado xigante dos puntos” é o encargado de transmitir quen acertou e vaia se saben!!!

Polo de agora levaron o libro:

CLAUDIA

ALBA

ROQUE

Hoxe tocoulle levalo a JOSE!

A quen lle tocará mañá???

REMATAMOS O PROXECTO DOS INDIOS





Esta semana rematamos o noso PROXECTO DOS INDIOS!!

Despois de ter un TIPI na clase, xantar ALIMENTOS que inventaron os indios, VESTIRNOS de indios, adornar as nosas cabezas cos TOCADOS DE PLUMAS, facer un ATRAPASOÑOS E UN TOTEM, aprender que CAZAN E PESCAN, que se moven en CABALO e en CANOA, de tocar INSTRUMENTOS, BAILAR AO REDOR DA FOGUEIRA e moitas cousas máis…o noso divertido proxecto…chegou ao seu final!

Para rematar tal acontecemento, déixovos un vídeo feito pola miña compañeira de audición e linguaxe DOLORES, á que lle agradezo enormemente o traballo e tempo dedicado para a súa elaboración.

Dar as grazas tamén ás familias, pola colaboración amosada e entusiasmo á hora de traer materiais e obxectos á aula.

Ás miñas compañeiras/o que me axudaron moito aportando materiais, libros, documentación, información moi válida… a todos…MIL GRAZAS!!!


E...OS CHOURIZOS CHEGARON!!!!!

Este luns Isa, a nai de Aldán chegou á escola coa sorpresa que levábamos esperando con desexo:

OS CHOURIZOS!!!!

Moitas grazas á familia de Aldán, porque estivemos moi ilusionados por levar para casa algo feito por nós e que se come!!!

Estamos feitos uns chouriceiros!!

04 marzo 2012

BLOGUES DO CRA

ANIMÁDEVOS A VISITAR OS BLOGUES DO CRA! (Os enlaces están na parte esquerda!!)

TANTO OS DOS ESPECIALISTAS (MÚSICA, ENGLISH, AUDICIÓN E LINGUAXE, EDUCACIÓN FÍSICA, TICS E BIBLIOTECA) COMO OS DAS OUTRAS ESCOLAS…CÓNTANNOS TODO O QUE TRABALLAN, DISFRUTAN E XOGAN, QUE É MOITO!!

ADEMÁIS AS BOLBORETIÑAS DE CARRIO SAIMOS TRABALLANDO MOITO E PASÁNDOO FENOMENAL NOS BLOGUES DOS COMPIS ESPECIALISTAS!

EDUCACIÓN VIAL PARA NENOS E NENAS...IMPRESCINDIBLE!



Esta páxina da FUNDACIÓN MAPFRE ten recursos variados e moi divertidos para traballar a EDUCACIÓN VIAL!
No apartado de VÍDEOS explican de xeito atractivo, conceptos básicos para nenos e nenas!!
PREME ENRIBA DA FOTO!!

OUTRO AGASALLO PARA OS MEUS CATIVOS


FONTE: youtube.com

Pasámolo pipa na clase con esta canción! Esta semana terán sorpresa...

Eses chourizos...están a punto!!





ESTA SEMANA ISA, A NAI DE ALDÁN, TROUXO BOAS NOVAS DOS CHOURIZOS QUE FIXEMOS HAI UNHAS SEMANAS.
AY QUE BOA PINTA QUE TEÑEN XA!!!!