25 mayo 2011

VERMES GRANDIÑOS!







APROVEITAMOS QUE TEMOS OS VERMES NA CLASE PARA TRABALLAR AS FASES POLAS QUE PASAN ATA CONVERTERSE EN BOLBORETAS...NON TAN FERMOSAS COMA A DO LIBRO
"UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" DA EDITORIAL KALANDRAKA...PERO IGUAL DE RESPETADAS POR NÓS.

DEIXOVOS UN XOGO LIM QUE ATOPEI NUN BLOG MOI INTERESANTE SOBRE ACTIVIDADES LIM: http://actividadeslim.nireblog.com. TEDES QUE PREMER ENRIBA DA IMAXE DO CONTO.

VICKY CUMPLE 4 ANOS




DANIELA CUMPLE 4 ANOS




FABIO CUMPLE 4 ANOS




19 mayo 2011

HEIDI MANDA BICOS PARA TODOS!



O NOSO MAIO





Aquí tedes as fotos do noso Maio. Esperamos que vos gustara e queremos darvos as grazas a todos por axudarnos a facelo xa que foi traballo en equipo, mil grazas! (Preme enriba da palabra Maio)

EXCURSIÓN GRANXA...POR FIN!


POR FIN...AS BOAS COUSAS FAN ESPERAR!!
AQUÍ TEDES AS FOTOS DA EXCURSIÓN Á GRANXA ESCOLA EN BELELLE- NEDA.
(Preme enriba da imaxe)

08 mayo 2011

GRANXA ESCOLA BELELLE- NEDA


Mañá luns día 9 de maio temos a excursión máis esperada polos pequenos! Imos a unha granxa escola a Neda!

Lembrade que teñen que levar unha gorra por se fai sol e a roupa e calzado cómodo. A comida que sexa fácil de comer para eles.

Iremos a pasar todo o día, esperamos que faga bo tempo... Chegaremos de volta sobre as 17 ou 17.15 horas!

OS MAIOS



QUE SON OS MAIOS?
Premendo enriba da segunda imaxe tedes información sobre OS MAIOS. Estes dous en concreto fixémolos no CPI Santa Lucía en Moraña hai xa uns anos. Ademáis de ser un traballo moi especial o resultado...é fermosísimo.

Esta semana no noso cole imos facer O MAIO en Educación Infantil, lembrade que os que queirades participar tedes que traer o material o martes día 10. Xa veredes que MAIO máis chulo facemos en Miño.

07 mayo 2011

OS NÚMEROS NO COLE, NA CASA, NA VIDA...

Estamos a desenvolver un novo proxecto sobre os números. Despois de pedir a colaboración ás familias(moitísimas grazas pola vosa axuda!!)temos materiais para poder traballar e comprobar a importancia que a numeración ten na nosa vida. Esto é un adianto do que imos aprendendo día a día e que vós na casa podedes reforzar. Mirade ao voso arredor e fixádevos que estamos rodeados de...NÚMEROS! Preme enriba desta imaxe e verás algunha foto máis...pero ainda queda moito, estamos a comezar...

NÓS...ADORAMOS AOS ANIMAIS



MIAU, MIAU, MIAU... PARECE SER QUE O SEÑOR DON GATO...NON QUEDOU NO SEU TELLADO! VEU AO COLE A VERNOS...
É QUE...XA SE SABE QUE OS ANIMAIS...ARRÍMANSE A NÓS... E NÓS...A ELES!

BOLBORETAS E ABELLAS...





BOLBORETAS E ABELLAS DE PAPEL...
BOLBORETAS E ABELLAS DE CORES...
BOLBORETAS E ABELLAS QUE VOAN...
BOLBORETAS E ABELLAS QUE BRILAN...
BOLBORETAS E ABELLAS...