17 abril 2011

Plantamos flores

Mirade, mirade...aquí temos as sementes das flores que plantamos esta semana. A ver se cando volvamos das vacacións...temos na clase a sorpresa de que naceron! Por certo...puxemos o noso nome nas macetas para non confundilas entre as outras...jeje
Se queres ver máis fotos da plantación...preme enriba da imaxe!!

PDI...encantounos!


Esta semana puidemos por fin xogar coa Pizarra Dixital Interactiva na aula de informática...pero que é unha PDI? Pois un recurso máis, unha ferramenta que temos á nosa disposición para poder traballar, aprender e xogar dunha maneira divertidísima!
Mirade, mirade!
(Preme enriba da imaxe)

10 abril 2011

EXCURSIÓN CASA DAS CIENCIAS-PLANETARIO A CORUÑA

O venres estivemos de visita na Casa das Ciencias e no Planetario na Coruña...
Para ver as fotos...preme enriba da imaxe!

Banda de música de Ferrol



PRIMAVERA CALUROSA...






Que calor pasamos esta semana no colexio! Aproveitando o bo tempo fixemos unha escapada ao xardín do cole...Vimos o estanque cos nenúfares e algún peixiño que se deixou ver, o invernadero...E como imos coidar duns bechiños moi particulares tivemos que coller a sua comidiña dunha árbore que temos diante da nosa ventá da clase...e aló fomos! A ver se vemos á Mariquita Dorita, Andrés Milpies, Araña Maraña...
Xa vos contaremos de que se trata...

MAMÁ PATA E OS PARRULOS VEÑEN AO COLE




Esta semana veu de visita Mamá Pata e os seus parrulos ao cole de Castro Baxoi. Supoñemos que veu facer a matrícula para os seus filliños para o ano... jeje
A profe Sandra que sabe que nos gustan moito os animais veu á clase rapidamente a buscarnos para que puidéramos disfrutar con esta fermosa visita.

09 abril 2011

Semana froiteira!!




UVAS


SANDÍA


FRESAS


Laranxa e mazá

Libriños dos proxectos que fixemos

Aquí temos os libriños dos proxectos que fixemos no segundo trimestre:
OS VIKINGOS
A LUA
Cada semana un neno/a vai levar un dos libros para casa para ensinar á xente que queira, tendo un apartado para que os adultos, irmáns e demáis familiares ou amigos, fagades os comentarios ou apuntes que queirades sobre o mesmo. Podedes usar as follas que queirades e o día que lle toca traelo de volta para o cole para ensinárnolo aos compañeiros e á profe e que outro neno poida levalo á sua casa tamén.
Esperamos que vos gusten!
Os primeiros en levar os libros foron...


RUBÉN e FABIO