Que actividade máis fermosa fixemos esta semana...
Algúns alumnos e alumnas de Secundaria participan dende hai anos nun proxecto cos
Nenos Ex- Soldado da República Democrática do Congo( África). Esta semana co festexo do Día da Paz as nenas e nenos de 5 anos participamos na ilustración de cartas para os nosos amigos congoleños, localizamos o país e o continente no mapa e falamos sobre eles. Esperamos que lles gusten e consigan o dereito que xa deberían ter a unha vida digna. Un bicazo dende Miño!
http://nenosexsoldado.blogspot.com/