28 marzo 2009

NOVA WEB NO COLE


O EQUIPO DAS TICS E MOITOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLE ESTAMOS A TRABALLAR NA NOVA PÁXINA WEB DO COLE. ESTADES INVITADOS A VISITALA. ESPERO QUE VOS GUSTE.

PARTIDO ALUMNOS- PROFES

Dende o Departamento de Educación Física do cole se fixo unha proposta de actividade conxunta entre o alumnado e o profesorado do cole.

O próximo venres día 3 de abril sevidora e outras compañeiras e compañeiros imos xogar ao fútbol e ao baloncesto contra alumnado de 6º de Primaria e da ESO.

Que gañen os mellores!!

A HORA DO PLANETA


¿Qué es La Hora del Planeta?

Hoy 28 de marzo, a las 20.30, tenemos una cita con nuestro Planeta para demostrar que la lucha contra el Cambio Climático es posible.

Esta iniciativa de WWF es la mayor campaña en defensa del medio ambiente de la historia, en la que participarán 1000 millones de personas.

La Hora del Planeta 2009 involucrará a los gobiernos, ciudadanos y empresas en una acción conjunta para llamar la atención sobre los efectos del calentamiento global y exigir a los líderes políticos que actúen para controlar las emisiones de CO2 antes de que sea demasiado tarde.

Hasta ahora, más de 3000 ciudades de 84 países se han comprometido a apagar las luces de sus edificios más emblemáticos, como gesto simbólico de apoyo a La Hora del Planeta.
Yo voy a apoyar a mi planeta...y tú?

PREMIO AGARIMOSO


Recibimos un Premio con moito agarimo da profe Naiara, da clase de Infantil do CEIP de Viñas en Poio: http://duendesjuguetones.blogspot.com/


MOITAS GRAZAS NAIARA!


As condicións deste premio son as seguintes:

- Facer link da persoa que che premiou.

- Escribir as reglas do premio no blog.

- Contar 6 cousiñas sobre ti.

- Premiar ti a 4 persoas co seu enlace.

- Deixar un comentario ou aviso a quen premias.

- Deixar aos obxequiados un comentario sobre a data do post do premio.


Quen me coñece sabe xa moitas cousas de min...

- Gústanme os animais e todo o que teña que ver co mundo natural.

- Gústame e disfruto co meu traballo.

- Encántame o mar.

- As viaxes son un dos meus puntos...

- Cores que me gustan: verde e violeta.

- Os colares, pulseiras, pendientes, aneis, bolsos, zapatos... podo perderme!


Agora tócame premiar a min:

- A UXÍA de http://sereassencadeas.blogspot.com/: por introducirme no mundo dos blogs. Grazas UXI.


- A ANABEL de http://andainaanabela.blogspot.com/: á miña inseparable compañeira e amiga, quérote moito. Grazas por todo guapa!


- A ANA de http://aclasedeana.blogspot.com/: por compartir conmigo profesión e lugar de procedencia...canta morriña Ana!


- A http://minchasecaramuxos.blogspot.com/ polo seu apoio bloguero!


Supoño que non se poden cambiar as reglas do xogo así por así pero eu permítome facer unha modificación ás mismas otorgando un 5º premio...


- A MADA de http://portasdavida.blogspot.com/: polo seu próximo destino, que lle desexo que sexa moi bó, xa o verás Madita. Bicos.

22 marzo 2009

PINCEIS CON VIDA PROPIA

AS XOANIÑAS


NAYARA TROUXO UNHA XOANIÑA Á CLASE DENTRO DUNHA BOTELLA DE AUGA.



DECIDIMOS FACERLLE UN BURATO Á BOTELLA PARA QUE A XOANIÑA PUIDESE RESPIRAR.FALAMOS DAS XOANIÑAS E VIMOS SE SE PARECÍA A JUANITA.

A NOSA AMIGA MARCHOU POLO BURATO UNHA PRIMEIRA VEZ, APARECENDO POUSADA NUNHA CARTULINA NA VENTÁ.


VOLVEMOS METELA NA BOTELLA, PERO EN CANTO PUIDO...ESCAPOU OUTRA VEZ. AGORA APARECEU NA PAREDE ONDE ESTÁ A MESA DA PROFE.
POR QUÉ A XOANIÑA ESCAPA DA BOTELLA?? DECIDIMOS SOLTALA PARA QUE PUIDESE IR COAS DEMÁIS XOANIÑAS.



SARAY É IRMÁ DE NAYARA E TAMÉN LEVOU OUTRA XOANIÑA. A SÚA EN CANTO A POUSAU NA MAN A PROFE MARICARMEN...SAIU VOANDO!


A NOSA XOANIÑA TARDOU UN POUCO MÁIS EN MARCHAR, AÍNDA ASÍ...GUSTÁBALLE O NOSO COLE, XA QUE QUEDOU TOMANDO O SOL NO PATIO!
ATA SEMPRE XOANIÑAS!



DÍA DOS PAPÁS



FELICIDADES A TODOS OS PAPÁS DO MUNDO

09 marzo 2009

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA








IGUALDADE- XUSTIZA- PAZ- DIGNIDADE- TRABALLO- DESENVOLVEMENTO...

PARA TODAS E TODOS.

08 marzo 2009

FOTOS DE ENTROIDO


XA ESTÁN AS FOTOS DA FESTA DO ENTROIDO... ESPERO QUE VOS GUSTEN!

APROVEITANDO OS DÍAS DE SOL...


SEGURO QUE DE TANTO ESCAVAR...ATOPAN ALGÚN TESOURO...QUEN SABE SE CHEGA A PASAR COMO EN EXIPTO...!
EQUIPO DE FÚTBOL DA CLASE DE 4 ANOS DE MORAÑA...
COS ANOS...ATA CHEGAMOS A TER ALGÚN CASILLAS...!


EN DEFINITIVA...XOGAMOS!

ANIVERSARIOS MES DE FEBREIRO








Este mes de Febreiro estivemos de aniversario...Chema, Ainoa e Inácio.
Xa cumprimos 5 anos e non vos imaxinades o ben que o pasamos...
Levamos algunha cousiña rica para compartir coas demáis nenas e nenos e mirade, mirade...! Levamos unha coroa porque nese día...por unhas horas... convertímonos en raiñas e reis!!
Pasámolo moi ben! Mirade que cousas levamos para a nosa clase e as tartas que cada un de nós fixo!
O mes que vén...máis!!

01 marzo 2009

Xoves: Colares a mares














COLARES A MARES!