29 marzo 2008

CARTA PARA @S NEN@S DE PERILLO



Un día estábamos vendo no meu ordenador unhas fotos que lles sacara no Nadal e decidín ensinarlles outras fotos. Entre elas estaban algunhas imaxes dos nenos e nenas dos que fun titora o curso pasado.
Quedaron tan contentos que comezaron a facerme preguntas sobre eles.
"E como se chaman?"
"Portábanse ben?"
"E donde viven?"...
Como estaban tan interesados lles propuxen que lle podíamos escribir unha carta entre todos contándolle cousas de nós, de Moraña... e así tamén que nos puidesen coñecer.
E así foi. Despois de vir do Nadal comezamos a traballar nesa carta. Eles me dictaban cousas para poder poñer na carta e eu escribía. Fixemos outras cousas para enviarlle. Pasaron os días, traballamos en tantas outras cousas e a carta foi quedando un pouco de lado.
Agora que voltamos das vacacións de Semana Santa decidimos que era o momento de enviala. E así foi: onte Carmela a conserxe foi levala ao buzón.
E agora...que pasará???

OS VERMES DE SEDA


Xa estamos de volta dunhas vacacións un pouco curtas pero que xa se precisaban(sobre todo por poder estar na casa...)
Pensando que xa era o momento de poder levar os ovos dos vermes que tan gardadiños estaban dende o curso pasado, cal foi a miña sorpresa cando vin que xa había algún fóra!!!
Os animais pensan que xa chegou o bo tempo e como a primaveira oficialmente xa comezou, están un pouco desorientados. O problema co cal me atopo é que as árbores de moreira van con retraso e aínda lle están saíndo os primeiros brotes co cal os pobres gusanos...non sei que será deles.
Mirando e remirando en Internet aconsellan que cando ocorre isto podemos alimentalos con leituga pero soamente 3 ou 4 días. Pois así fixemos onte os rapaces/as e eu botámoslle folliñas de leituga e a ver que pasa cando cheguemos o luns...

10 marzo 2008

A NOSA HORTA ESCOLAR


Esta semana comezamos un novo proxecto no invernadoiro que temos no centro. @s nen@s están entusiasmados coa idea de plantar e nada mellor que poder introducir deste xeito a educación ambiental. Xa plantamos leitugas, amorodos... Ademáis cos restos orgánicos que sobran nas merendas faremos compost no compostador do que dispoñemos na nosa escola. Hai máis fotos no apartado das mesmas.

09 marzo 2008

QUE SON ESTES NÚMEROS...?




Como anunciamos a semana pasada, comprobamos o noso peso, a nosa altura, a nosa temperatura...
Están as fotos no apartado das mesmas.




01 marzo 2008

CANTO PESAMOS?


A verdade que a temática do Médico(porque el@s chaman médico ao lugar e á persoa que @s mira, lles pon a pincha, lles cura...) está dando moito para traballar o que realmente el@s vivencian nese lugar: alí os miden, os obscultan, lles miran a temperatura, os pesan...


Esta semana que ven vou a levar unha báscula e xa vos irei contando...

PROFE XA SON GRANDE!!!


Esta semana tamén nos medimos co metro que temos colocado ao lado da porta de entrada. Esta actividades xa a fixemos no 1º trimestre. Cada un foise poñendo para que lle dixera o que medía e logo fixeron un debuxo . Ten números...
Están tod@s moi content@s e especialmente eu, porque xa non precisan das fotos para nada, agora traballan cos nomes sen foto, porque xa medraron e son maiores. Que ilusión lles fai!E que ao final está todo relacionado...

PARA QUE SERVE O TERMÓMETRO?





Esta semana ademáis doutras actividades relacionadas coa alimentación, tamén traballamos a temática d@s doutor@s , convertíndonos por uns intres en pacientes e médic@s.

Na clase temos un maletín con elementos que teñen nas consultas médicas(de xoguete no noso caso), pero tamén temos un termómetro que poñemos cando se atopan mal.

Aproveitamos para lembrar algunhas ocasións nas que se atoparon enfermos algúns rapaces e rapazas para falar sobre a utilidade do termómetro e decidimos entre tod@s que miraríamos a temperatura porque "una vez me miraste y yo tenía la fiebre" dixo unha das 22 voces.
Entón lanzo eu unha pergunta para tod@s: Que é a febre? "Cando estás enfermo", "cando te poñen unha pincha", "cando tes que tomar medicinas"... comezan a contestar.

Aprendemos que o termómetro ten números. No noso caso é un termómetro dixital e temos que esperar a que faga a sinal e se vírades como estaban de atent@s esperando a que pitara... Apuntei a temperatura na pizarra deles e comparamos quen tiña máis febre, os números...