05 marzo 2019

ALEX DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Alex! Feliz volta ao Sol!
AQUÍ, tes o teu vídeo!

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro festexamos na escola o Día da Paz con varias actividades.
Fixemos unha solta simbólica de pombas nas escolas así como unha actividade conxunta de videoconferencia entre as disferentes escolas do CRA.
Preme enriba para ver máis fotos.

Ao día seguinte fixemos un OBRADOIRO DA PAZ coa axuda dalgunhas familias.
Que as nosas campás leven co seu son a Paz a todos os lugares do mundo!
Ademáis teñamos palabras pompas de xabón nas nosas mochilas, deixemos as palabras pedra para o chan da nosa escola, que debuxen o amor!

Preme para ver máis fotos!

NADAL 2018

Por fin...aquí tedes as xeniais fotos do Nadal!
Que as disfrutedes!

Visita do APALPADOR
PREME ENRIBA DA IMAXE

GALLETAS DE JENGIBRE






POSTAIS DE NADAL







OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA


Preme enriba para ver máis fotos!

VISITA DOS REIS MAGOS


Preme enriba para ver todas as fotos!

TEO DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Teo! Feliz volta ao Sol!
AQUÍ,tes o teu vídeo!

SARGADELOS

Este trimestre estamos a aprender moito sobre un tipo de cerámica que temos moi preto do noso Concello. Se trata da Cerámica de Sargadelos, concretamente do Castro, no concello veciño de Sada.
Fonte: Wikipedia

Coñecer a historia de como comezou todo nos leva ata Cervo, na provincia de Lugo.
 Alí hai moitos anos xa, o marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, fundou a primeira fábrica de cerámica.
Fonte: Wikipedia
Cos anos un ceramista moi recoñecido chamado Isaac Díaz Pardo decidiu xunto ao gran artista Luis Seoane, empregar a técnica mellorada para fundar Cerámicas O Castro. Co tempo incluso crearon unha editorial co mesmo nome así como un Laboratorio de Formas onde a recuperación e o estudo da cerámica doutros tempos era o seu selo de identidade.


Aquí temos aos nenos e nenas da Escola de Carrio amosando un montón de pezas que teñen as súas familias.


E aquí elaboramos uns contos a partir das imaxes dalgunhas pezas de cerámica. Preme enriba da imaxe para ver todas as fotos.


E xa para rematar esta fermosa experiencia aquí vos deixamos as fotos dun traballo que fixemos coas máscaras típicas do Entroido Galego de Cerámicas de Sargadelos. Un perfecto traballo de simetrías!




Preme enriba desta imaxe para ver
máis fotos!

04 marzo 2019

SEGUIMOS VIAXANDO POLO ESPACIO

Seguimos coa nosa viaxe polo Universo. 
Preme Aquí :nos veredes no foguete que trouxo Manuel!



Para poder comunicarnos mellor cos outros planetas montamos unha estación espacial na aula e así poderemos controlar de xeito máis doado os satélites que enviamos ao espacio!
Se queres entrar terás que solicitar a túa clave!
Reciclaxe máximo!




Ademáis temos a sorte de contar con un amigo moi especial, ET o Extraterrestre!
Como nos gusta xogar con él!


Sabemos todo o que sabemos grazas ás naves non tripuladas que enviamos dende a Terra ao espacio. Pois ben...coñecimos a SOHO que foi ao Sol e a MESSENGER que foi a Mercurio.





No noso planeta, A Terra, hai mares e montañas. Aquí temos os colgantes que fixemos para levala con nós e sobre todo concienciar do seu coidado.


O Sol é a nosa estrela e nos dá luz e calor. Aquí estamos experimentando con espuma de afeitar, quedaron moi chulos e diferentes!



E qué dicir da nosa Lúa, fermoso satélite que xira ao noso arredor. Quixemos facer algunhas das súas fases de forma moi doce! Mirade, mirade!



E tanto estamos a aprender e divertirnos co tema da Astronomía, que con todo o material elaborado coa axuda das familias temos unha xenial exposición na subida á planta superior. É como entrar nun planetario!





Moitas grazas familias, seguimos polo Espacio!!




ANTÓN DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Antón! Feliz volta ao sol!
AQUÍ tes o teu vídeo!