23 diciembre 2019

BO NADAL!!!!

Rematamos o trimestre e non podemos estar mais contentos e contentas, xa que estes días tivemos na escola a visita do apalpador e das Súas Maxestades os Reis Magos.Aquí tedes un video do ben que o pasamos estes últimos días.
Felices festas!!!

19 diciembre 2019

FORMAS E CORES

A profe Eva trouxo a mesa de luz e pasámolo xenial facendo figuras con distintas formas e cores!!!






DÍA DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrouse o día da infancia. Durante esa semana estivemos traballando e falando sobre os dereitos dos nenos e nenas e da impontancia de que se cumpran.
De todos os dereitos escollimos entre todos os cinco que nos parecían mais importantes e fixemos un mural para homenaxear ese día.
Aquí tedes un video no que podedes ver como nos quedou e como foi o seu proceso. Esperamos que vos guste!!!


05 diciembre 2019

FELICIDADES TEO!!!

O pasado 27 de novembro celebramos o aniversario de Teo, que cumpriu 4 anos!!!pasámolo xenial!!! FELICIDADES!!!


04 diciembre 2019

CLAUDE MONET

Durante o mes de outubro desfrutamos moito aprendendo cousas sobre a vida e obra dun gran pintor como Monet. Gustounos tanto, que decidimos sentirnos como grandes artistas e facer a nosa propia versión dun dos seus cadros mais coñecidos. No seguinte video podedes ver o resultado das nosas obras de arte!!!quedaron xenial!!!

24 noviembre 2019

FELICIDADES MATEO!!!

Mateo xa ten 3 anos!!!o 22 de novembro estivo de aniversario e pasámalo moi ben!!! FELICIDADES MATEO!!!

FELICIDADES ANTÓN!!!!

Antón estivo de aniversario o 21 de novembro. Estaba moi contento porque por fin cumpría 5 anos!!! Disfrutamos moito ese día. FELICIDADES ANTÓN!!!

FELICIDADES XOEL!!!

O día 15 de novembro Xoel cumpriu 3 anos!!!Pasámolo xenial!!! FELICIDADES XOEL!!!

15 noviembre 2019

"A VIAXE DOS MEUS 40 DRAGÓNS"

Esta semana os nosos amigos e amigas de Aspadisol viñeron á escola para representar o conto "A viaxe dos meus 40 dragóns" que eles mesmos escribiron e ilustraron, e que nos ensina o importante que é respetar aos demais. Gustounos moitísimo!!!!e o fixeron tan ben que non queríamos que marcharan. Moitas gracias por vir a nosa escola e compartir unha historia tan bonita con nós!!!

10 noviembre 2019

FELICIDADES LARA!!!!

O 4 de novembro celebramos o aniversario de Lara que cumpría catro anos. Pasámolo xenial!!!! FELICIDADES LARA!!!!

03 noviembre 2019

SAMAÍN EN CARRIO

Este ano o Samaín volveu a Carrio e pasámolo moi ben!!!desfrutamos moito coa nosa exposición de cabazas e vindo disfrazados e disfrazadas á escola. Votade unha ollada ao seguinte video para ver como foi o noso Samaín.

MAGOSTO EN GANDARÍO

O 30 de outubro fomos de excursión ao albergue de Gandarío para celebrar có resto das escolas o Magosto e o Samaín. Comemos castañas, xogamos e ata cantamos dúas cancións todos xuntos. Pasámolo xenial!!! Aquí tedes un pequeno video onde podedes ver canto desfrutamos!!!!


10 octubre 2019

OS PRIMEIROS DÍAS

Aquí estamos de novo un curso mais!!!
Neste video podedes ver o ben que o pasamos os primeiros días de cole na escola de Carrio.


05 marzo 2019

ALEX DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Alex! Feliz volta ao Sol!
AQUÍ, tes o teu vídeo!

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro festexamos na escola o Día da Paz con varias actividades.
Fixemos unha solta simbólica de pombas nas escolas así como unha actividade conxunta de videoconferencia entre as disferentes escolas do CRA.
Preme enriba para ver máis fotos.

Ao día seguinte fixemos un OBRADOIRO DA PAZ coa axuda dalgunhas familias.
Que as nosas campás leven co seu son a Paz a todos os lugares do mundo!
Ademáis teñamos palabras pompas de xabón nas nosas mochilas, deixemos as palabras pedra para o chan da nosa escola, que debuxen o amor!

Preme para ver máis fotos!

NADAL 2018

Por fin...aquí tedes as xeniais fotos do Nadal!
Que as disfrutedes!

Visita do APALPADOR
PREME ENRIBA DA IMAXE

GALLETAS DE JENGIBRE






POSTAIS DE NADAL







OBRADOIRO DE NADAL EN FAMILIA


Preme enriba para ver máis fotos!

VISITA DOS REIS MAGOS


Preme enriba para ver todas as fotos!

TEO DÁ UNHA VOLTA AO SOL


Parabens Teo! Feliz volta ao Sol!
AQUÍ,tes o teu vídeo!

SARGADELOS

Este trimestre estamos a aprender moito sobre un tipo de cerámica que temos moi preto do noso Concello. Se trata da Cerámica de Sargadelos, concretamente do Castro, no concello veciño de Sada.
Fonte: Wikipedia

Coñecer a historia de como comezou todo nos leva ata Cervo, na provincia de Lugo.
 Alí hai moitos anos xa, o marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez, fundou a primeira fábrica de cerámica.
Fonte: Wikipedia
Cos anos un ceramista moi recoñecido chamado Isaac Díaz Pardo decidiu xunto ao gran artista Luis Seoane, empregar a técnica mellorada para fundar Cerámicas O Castro. Co tempo incluso crearon unha editorial co mesmo nome así como un Laboratorio de Formas onde a recuperación e o estudo da cerámica doutros tempos era o seu selo de identidade.


Aquí temos aos nenos e nenas da Escola de Carrio amosando un montón de pezas que teñen as súas familias.


E aquí elaboramos uns contos a partir das imaxes dalgunhas pezas de cerámica. Preme enriba da imaxe para ver todas as fotos.


E xa para rematar esta fermosa experiencia aquí vos deixamos as fotos dun traballo que fixemos coas máscaras típicas do Entroido Galego de Cerámicas de Sargadelos. Un perfecto traballo de simetrías!




Preme enriba desta imaxe para ver
máis fotos!

04 marzo 2019

SEGUIMOS VIAXANDO POLO ESPACIO

Seguimos coa nosa viaxe polo Universo. 
Preme Aquí :nos veredes no foguete que trouxo Manuel!



Para poder comunicarnos mellor cos outros planetas montamos unha estación espacial na aula e así poderemos controlar de xeito máis doado os satélites que enviamos ao espacio!
Se queres entrar terás que solicitar a túa clave!
Reciclaxe máximo!




Ademáis temos a sorte de contar con un amigo moi especial, ET o Extraterrestre!
Como nos gusta xogar con él!


Sabemos todo o que sabemos grazas ás naves non tripuladas que enviamos dende a Terra ao espacio. Pois ben...coñecimos a SOHO que foi ao Sol e a MESSENGER que foi a Mercurio.





No noso planeta, A Terra, hai mares e montañas. Aquí temos os colgantes que fixemos para levala con nós e sobre todo concienciar do seu coidado.


O Sol é a nosa estrela e nos dá luz e calor. Aquí estamos experimentando con espuma de afeitar, quedaron moi chulos e diferentes!



E qué dicir da nosa Lúa, fermoso satélite que xira ao noso arredor. Quixemos facer algunhas das súas fases de forma moi doce! Mirade, mirade!



E tanto estamos a aprender e divertirnos co tema da Astronomía, que con todo o material elaborado coa axuda das familias temos unha xenial exposición na subida á planta superior. É como entrar nun planetario!





Moitas grazas familias, seguimos polo Espacio!!