16 julio 2018

GALEGOS NO MUNDO: PATAGONIA CHILENA

Continuando coa nosa particular volta ao mundo da man de amigas e amigos, esta vez lle toca o turno a Iago!

Iago é un amiguiño noso que é de Coruña pero vive dende hai un tempo nun país que está en Sudamérica que se chama Perú.


Aproveitou uns días libres para poder visitar outro país.

Tivemos que descubrir en varios vídeos qué país e qué animais serían os que visitaría...
Finalmente coa pista que nos deu "país alargado debaixo de Perú" miramos no mapa e soubemos que era Chile!!
Concretamente a Patagonia Chilena, nun lugar coñecido como TIERRA DE FUEGO.
Tivo que cruzar o Estreito de Magallanes nun barco e por fin chegou.


A primeira pista que nos deu sobre os animais: viven en Tierra de Fuego pero realmente lles gusta moito o frío!
Eu fallei á primeira!

A segunda pista: estes animais son os protagonistas da  película de HAPPY FEET!


Agora sí...OS PINGÜINS REIS!


Iago nos contou que son aves acuáticas que en determinados momentos do ano migran para buscar alimento, temperaturas máis cálidas...Viven en colonias. Soubemos a altura que normalmente teñen estes tipos de pingüins, aproximadamente 1 metro, para iso nos medimos e comparamos entre nós e tamén con outra especie, o pingüin emperador, o máis alto do mundo.
 A causa do frío ás veces non se moven e permanecen quedos. Non voan ainda que son aves. Se desplazan camiñando coas súas curtas patiñas.
Teñen o peito branco, o pescozo amarelo-anaranxado, as as e as patas negras e as costas negro plata. Se reproducen por ovos e as crías teñen unha plumaxe máis escura.

Preme enriba, verás máis fotos.




Aquí tedes os nosos pingüiíns reis.

Moitas grazas Iago, aprendimos moito contigo sobre estes simpáticos animais!

Grazas tamén a Begoña, a nai de Olga, puidemos apadrinar un pingüín cada un de nós e incluso enviarlle un a Iago!
 Ahí tedes o meu!


NATURE

O ámbito natural ten unha gran importancia na nosa escola. Sempre estamos dialogando sobre o respecto por todo tipo de vida sexa vexetal ou animal. Por iso, xa dende principio de curso, todos os anos facemos unha serie de actividades relacionadas con este tema. Aquí tedes algunhas das que fixemos no último trimestre:


CHUCHERÍAS PARA PAXAROS
(Graciñas pola axuda, Eva)




REGAR A HORTA E AS PLANTAS DAS BOTAS E MACETAS

OBSERVAR E DISFRUTAR CUN NIÑO DE POMBA,LLE DEIXAMOS CHUCHES E ALPISTE




MIMAR AOS CARBALLOS E CASTIÑEIROS PRANTADOS POLOS INCENDIOS

COIDAR, RESPECTAR NA SÚA EVOLUCIÓN AOS VERMES DE SEDA
(Grazas ás familias de Uma e Carme por axudarnos)

MACETAS PERSONALIZADAS CON CACTUS






APRENDEMOS RECETAS DA NATUREZA
AS ALGAS




AS HERBAS AROMÁTICAS, MEDICINAIS E CULINARIAS




O DENTE DE LEÓN



PROTECCIÓN CIVIL NO CRA DE BERGONDO

Moitas grazas a Protección Civil de Bergondo por ensinarnos como é o seu día a día e darnos pautas educativas sobre primeiros auxilios!


Preme enriba para ver máis fotos!

OS MAIOS EN FAMILIA

Festexamos a chegada do mes das flores cun fermoso "maio" feito con moito cariño coa axuda dalgunhas familias e da profe Livia. Grazas!


Para ver máis fotos preme na foto do MAIO

Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)

CUMPLES DE MAIO

No mes de Maio estiveron de aniversario 3 compis da escola: GALILEA E XABI cumpliron 4 anos e PAULA cumpliu 5 anos.