Neste trimestre imos dar unha pequena volta pola Historia para coñecer os inventos máis destacados e sobre todo os seus autores e autoras.
Na Prehistoria inventaron o lume, a roda, as lanzas...entre outras cousas.
Aos Exipcios temos que agradecerlle que inventaron a escritura, o papiro, a pasta de dentes ou a momificación.
Aquí temos a Nuno H. que nos trouxo papiro da súa casa. Tanto a planta como unha folla cunha pintura. Qué interesante Nuno!
Os Gregos teñen moita importancia nas nosas vidas porque grazas a eles hoxe podémonos duchar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario