25 octubre 2015

INVESTIGADORAS/OS A TOPE!

En Carrio seguimos a aprender moito moitísimo sobre os bosques. Cada un/unha de nós levamos emcionados á escola un montón de cousiñas relacionadas coas árbores. Tanto nos paseos polos bosques que están preto das casas como nos nosos xardíns temos moitas pistas para investigar. Mirade!










SABEMOS QUE É OUTONO PORQUE...

Nestes días de OUTONO nos que o sol e as temperaturas están a despistarnos...sabemos que estamos nesta estación porque ocorren cousas na natureza e tamén en nós mesmos pero calquera se fía...calor no mes de outubro case comezando novembro!




ÁRBORES NOVAS EN CARRIO

Hai uns días quixemos facer unha plantación de árbores novas en Carrio. 
Un castiñeiro, un carballo e un piñeiro foron as elexidas. Rescatados dunha cuneta, ían ser desbrozados por unha máquina e como somos moi ecoloxistas...non podíamos deixar que iso pasara así que lle quixemos dar unha vida mellor.
Sabemos que é doado que as árbores nazan silvestres e ceibas polos montes pero se coñece que o transplante a algunhas delas...non lles gustou moito e non saíron adiante. O piñeiro segue a loitar...coidarémolo con agarimo! Estabamos emocionados/as e a nosa intención foi sempre boa...seguiremos intentándolo!

O MOUCHO BIEITO

O moucho BIEITO é o noso amiguiño da Biblioteca para este curso e o que nos traerá con Eva os contos e libros super chulis que temos nas escolas!
Estade atentos/as ao Blogue da Biblioteca de CRA onde irá contándonos moitas cousas!
Benvido Bieito!

OBRADOIROS COAS FAMILIAS

Este curso tamén imos facer Obradoiros coa axuda das familias. Serán os mércores e iremos alternando COCIÑA con ARTÍSTICA. 
Este mércores viñeron a pasar a súa mañá con nós a nai de Adrián e a nai de Nuno H.
Puxémonos as botas! 
Trufas de chocolate e castañas e Biscoito de crema de chocolate e castañas.
Moitísimas grazas ás dúas familias por acompañarnos nese día e pola axuda e colaboración! Como soemos dicir en Carrio...MOITAS GRAZAS E MOITAS VECES!!
Click to play this Smilebox slideshow



CUMPLEAÑEROS/A DE OUTUBRO!

Este mes festexamos os aniversarios de MARTA D., CÉSAR E PABLO.
PARABENS MARTA D.!!!!



PARABENS CÉSAR!!!!




PARABENS PABLO!!!!



O BOSQUE DE OMA


O Bosque de Oma está situado no municipio vasco de Kortezubi, pero como o seu nome indica, pertence ao distrito de Oma. Tamén é coñecido polo nome de Bosque encantado ou Bosque pintado e o seu autor é o escultor e pintor Agustín Ibarrola. Este traballo caracterízase polas pinturas do artista feitas principalmente en troncos de piñeiros onde deseñou figuras humanas, animais e figuras xeométricas. Algunhas destas imaxes son visibles só a partir de certas posicións, onde as imaxes de diferentes troncos forman unha imaxe conxunta.

O Bosque de Oma ten un total de 47 obras pintadas para ollar.

Neste lugar hai un aire máxico e místico para respirar: rodeado pola natureza, as árbores gañan vida ata o punto de se sentir observado polas súas pinturas de cores. É realmente un fermoso lugar para gozar de paseos en familia. Se queredes máis información podedes buscala premendo AQUÍ.

Nós quixemos facer o noso propio Bosque de Carrio e velaí tedes parte do resultado...
Click to play this Smilebox slideshow


04 octubre 2015

OUTONO...TE QUEDAS OU QUE?

Nestes días pasados tivemos temperaturas máis típicas do verán que da estación que acaba de entrar. Queremos saber se o OUTONO se queda ou ainda non quere!

Os esquíos andan por Carrio con ganas de quedar nas árbores da escola pero...con este calor, non sei se quedarán!

Algunhas arboriñas comezan a poñerse un pouco tristeiras e con frío! As súas follas están a caer...
Ademáis esas follas teñen letras! Imos buscar as dos nosos nomes...a ver se así lle apetece quedar!


AS ÁRBORES

Para estructurar a investigación sobre os bosques quixemos ter unha guía para saber qué temas tratar, independientemente de que poidan xurdir moitos máis e diferentes ao longo de cada trimestre e ogallá así sea!
As árbores é o primeiro bloque a traballar, con todo o que iso supón pois a extensión do tema é grandísima!
Xa empezan a chegar os primeiros traballos dos nenos/as e as súas familias.




Graciñas ás familias!

Xa estamos preparándonos para aprender a distinguir polo menos algunhas das árbores que temos na nosa terriña! Tamaños, cores, formas, tipos de froitos...ulindo, tocando...!

QUEREMOS EXPLORAR OS BOSQUES

Este curso imos aprender e divertirnos nos bosques!
O proxecto anual que traballaremos en todas as escolas do CRA recibe o nome de "PLANETA VERDE: OS BOSQUES".
Xa sabemos moito sobre eles pero hai que organizarse pois non todas as informacións que temos son reais...ou si?
Queremos explorar os bosques pero precisamos ter un bo equipo para facelo!
Prestade moita atención!


A mochila ten:
- Linterna
- Lupa
- Brúxula
- Prismáticos
- Manta e saco de durmir
- Cantimplora
- Caderno e lápiz
- Corda
- Mapa
- Botiquín
- Tesoiras ou navalla multiusos e cerillas (imprescindible para os adultos, os nenos/as nunca)
Falamos sobre o uso de cada un dos obxectos pero tamén que non temos por qué levar todos pois depende da travesía, do tempo, dos días que vaiamos...e que podemos levar outros diferentes.
As lupas e brúxulas foron as máis exitosas ainda que algún decidiu traer o seu propio saco de durmir, xa veredes xa!





LIBRETA DOS RECADOS

Como levamos facendo dende hai moitos cursos as LIBRETAS DOS RECADOS volven a Carrio. 
Estas libretas teñen unha función clara e sinxela: levar recados dende a casa á escola e ao revés. Así non teremos notas ou avisos perdidos e sobre todo poderemos revisar sempre que queiramos todo o que enviamos ou recibimos. Pero estaban moi sosas...había que adornalas!

DÍAS IMPORTANTES!

Este curso queremos saber qué se conmemora nalgúns días do ano. 
Por exemplo o día 13 de setembro festexamos o Día Internacional do chocolate, como non podía ser doutro modo fomos un pouco lambones e comemos unha chocolatina e tamén falamos sobre como nos gusta comer o chocolate: con leite, con améndoas, en xeado, con churros...
O 19 dese mesmo mes quixemos falar todos e todas como verdadeiros piratas(Día de falar como un pirata) e que menos que parecernos a eles un pouco non? Fixemos parches, mascotas para o ombreiro, gorros...
O 21 foi o Día do fotógrafo!
O 22 de setembro tocaba o Día Mundial sen coches e para buscar un transporte alternativo cada un decidiu como se movería para non coller o coche: dende en patinete ata en veleiro!
O 23 de setembro falamos sobre un tema que é imprescindible tratar nas escolas, o abandono de animais. Neste caso falamos sobre os cans, xa que era o Día Mundial dos cans rescatados. Fixémolo a través do conto de "El perro de color melón" editado pola asociación El Refugio de Madrid.
Outros días importantes dos que falamos en Carrio foron...
27 setembro Día Mundial do Turismo: falamos sobre qué é o turismo (que non o toreo...pois confundían o término!! Xa o arranxamos afortunadamente...) como nos gusta viaxar e facer turismo.
29 setembro Día Mundial do Corazón: escoitamos o latexo do noso corazón e dialogamos sobre qué debemos facer para que o noso corazón esté sano(deporte, alimentación sana e variada...) e Día Mundial dos Mares: falamos sobre a importancia de manter os mares limpos e non dañar aos animais e prantas que viven neles.