27 enero 2013

AI...QUE CHEGA O CARNAVAL!

Aproveitando que estamos en Italia...collamos un barco e viaxemos á fermosa cidade de VENECIA para vivir o seu fabuloso carnaval!!
Ainda que quedan uns días...alí este ano 2013 o carnaval comeza o día 2 de febreiro e remata o 12! FAVOLOSO!!

Preme enriba e abre noutra ventana para escoitar a música.

VENECIA é un mundo aparte! 
Se queres saber máis cousas sobre o seu carnaval...preme AQUÍ!

E nós...quixemos tamén converternos en gondoleros por iso de introducirnos de cheo no tema...aínda que soamente sexa co sombreiro...qué contentiños estabamos!!





Esta semana veredes qué guapos e guapas coas máscaras venecianas...
BENVENUTO CARNEVALE!!!


PARA SER FELIZ...NON HAI QUE SER IGUAL!


De mil colores es su piel
Se llama Elmer
Y es genial
Un elefante quiere ser
De igual color que los demás

Para ser feliz
No hay que ser igual
Para sonreír
No hay que ser igual
Para divertir
No hay que ser igual
Porque el color no importará

AQUÍ TEDES AO NOSO ELMER EN PROCESO DE 

CREACIÓN, XA VEREDES QUE CHULO NOS QUEDA!


Preme enriba e abre noutra ventana o vídeo para poder escoitar a música!

O VINDEIRO DÍA 30 DE XANEIRO DESEXAMOS A PAZ NO MUNDO PERO MAÑÁ E PASADO TAMÉN...TODOS OS DÍAS TEÑEN QUE SER PARA BUSCAR A PAZ!!


22 enero 2013

E SEGUIMOS COA NOSA VIAXE POR ITALIA!

Esto de viaxar por Italia...dásenos moi ben!
Entre a semana pasada e esta xa aprendemos moitas máis cousas...




Ademáis...tamén aprendemos estoutras cousiñas,mirade, mirade...!!!


Lembra abrir o vídeo noutra xanela para poder escoitar a música!



QUÉ SINTES NO TEU CORAZÓN?

A semana pasada comezamos un novo traballo a partir dun conto moi fermoso titulado "Unha manchea de bicos".
O primeiro que quixemos saber é que é iso dunha "manchea" e aprendemos que pode ser todo aquelo que cabe nunha man, como a palabra mesma di.
Debatemos sobre se nos gustan os bicos, quen lles gusta que lles de bicos... Tamén sobre como poden ser eses bicos ou a quen lles gusta eles darlle bicos, e que mellor forma que experimentar "ese bico que lle quero dar a..." e selalo de forma eterna no branco do papel.



Lembra abrir o vídeo noutra xanela para poder escoitar a música.

Tamén sobre os sabores dos bicos...Kati, a nena protagonista do conto ten unha caixa chea de bicos de sabores como a vainilla, o chocolate, o caramelo ou o amorodo. Que tal se vedes os sabores que eleximos nós?? 



E iso do corazón...tema complicado ás veces, resultou ser de gran interese para as bolboretiñas. Sabemos que os humanos temos corazón e sentimos cousas dentro del pero...que pasa cos animais??? Deu moito xogo o temiña e decidimos debater sobre os tamaños dos corazóns de diferentes animais e sobre todo de qué cousas sinten...sentirán amor, enfado, medo, tristura, ledicia...igual que nos?? Ao final...puxémonos de acordo e chegamos á conclusión de que si, pois os que temos cans...ben sabemos que o mevemento do rabo ao chegar a casa nós...é sinal de que están contentos!! E se algún animal se enfada...tamén no-lo fan saber...
Seguimos sentindo...



13 enero 2013

E CHEGAMOS A ITALIA!

Aquí temos a  ALBA entusiasmada coa nova viaxe a Italia. Xa é toda unha "bambina italiana" e sabe falar nese idioma á perfección!
Mirade e escoitade...



BRUNO trouxo un mural fermosísimo con todas as cousas máis importantes que hai en Italia e pensamos que non esqueceu nada, explicou todo moooooi ben!! Ademáis trouxo a historia dos nenos Rómulo e Remo e a Loba Capitolina, lles encantou!
ADA trouxo un mapa coa "bota de tacón" que lle chamamos e as illas máis importantes, Cerdeña e Sicilia. Ademáis...explicounos dúas fotos moi representativas de dúas cidades italianas: Roma e Venecia, co Coliseo Romano e as góndolas venecianas.

Aquí temos a CLAUDIA, que trouxo un montón de tarxetas con monumentos de Roma e Florencia, entre os que se atopan os frescos da Capilla Sixtina, pintados por Miguel Ángel, así como a fermosísima Fontana de Trevi, en Roma.

PEDRO M. trouxo a bandeira de Italia, que xa sabemos que ten tres cores, así que é coñecida como tricolor: verde, branco e vermello. O mapa de Italia, moi ben coloreadiño e os traxes típicos italianos, o dos venecianos, moi representativo para todos eles.

Moitas grazas a todas as familia polo esforzo e colaboración!
Estade atentos...estamos comezando e imos á velocidade dun Lamborghini!!

SEMANA DE SORPRESAS...

Esta semana de volta ao cole despois do nadal foi mooooooi intensa para todos e todas nós.
Chegamos o martes á clase e xa tiñamos unha sorpresiña agardando por nós debaixo da árbore de adornos reciclados. Carai...quen quera que fora...deixounos alucinados!!
Paquetes para cada un de nós...os nosos nomes...veña, queredes saber que era??
Disfrutade con este vídeo!




Pero as sorpresas do martes non remataron aí...
Cumplir anos penso que non se debe tomar como algo malo...senón todo o contrario! E como para todo o mundo corre o tempo...qué mellor forma de festexalo que coas miñas bolboretas...e algunha que outra compi!




(Preme e abre noutra xanela, para escoitar a música)

E xa o mércores chegou a última das sorpresas...


 Estas palabriñas van adicadas a varias personas...
- A todos os nenos e nenas que están escolarizados nas unitarias e CRAs e aos seus mestres.
- Ás miñas compañeiras/o do CRA de Bergondo, ás miñas Bolboretas de Carrio e á miña avóa, mestra ata os seus últimos días, alá onde queira que esté...

Grazas a todos e todas, para todos vós!

10 enero 2013

CIAO BAMBINOS!


 Ciao!
Comezamos unha nova andaina polo país dos espaguettis!! Chegamos a Italia con ganas de divertirnos e aprender moitas cousas sobre este fermoso lugar. 
 Non nos vai importar engordar uns quiliños se é necesario...a gastronomía italiana ben o merece! 

Madlenka está encantada porque seu amigo Paulo, o vendedor de xeados quere convidala a un delicioso "gelato"!!











Comezamos xa! Benvidos ao 2º trimestre! Arrivederci!!