12 mayo 2013
A CAMISA DO HOME FELIZ
LEÓN TOLSTOI
O AUTOR
Lev Nikolàievitx Tolstoi (1828-1910), foi un
escritor ruso, un dos grandes novelistas clásicos de todos os tempos,
especialmente distinguido por obras como Guerra e paz e Anna Karènina.
No seu ideario filosófico destaca a noción de resistencia pacífica. Este
ideario foi expresado en libros como "O Reino de Deus está en vos" e
influiu en personalidades do século XX como Gandhi, e Martin Luther King.
Ademais de escritor e filósofo, foi un anarquista cristián, un pacifista, un
reformador da educación e vexetariano.
A pedagoxía non foi para Tolstoi unha actividade
secundaria, senón unha preocupación fundamental na súa vida. Instalouse en Iàsnaia Poliana, onde se dedicou á educación dos nenos dos campesiños.
Fundou unha escola na súa propiedade e outras en todo o
distrito, editou a revista Iàsnaia Poliana e publicou
varios libros para o ensino.
Impartía módulos de ximnasia e prefería o xardín para dar clases. Creou para iso unha pedagoxía libertaria cuxos principios instruían no respecto a eles mesmos e aos seus semellantes.
Tolstoi foi dos primeiros en reclamar o dereito a
a educación para todo o mundo. Dedicou, así
mesmo, moito tempo ao estudo da xeometría, a
física, a química, a astronomía e a zooloxía.
"NON SE PRECISA TER MOITO PARA SER FELIZ"
E SOBRE TODO..."A FELICIDADE ESTÁ NO CORAZÓN"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
¡¡Unha actividade estupenda, noraboa!! E a frase da no clavo : a felicidade está no corazón. ¡¡Unha aperta!!
Está claro que ás veces menospreciamos as capacidades dos nosos alumn@s e nos sorpreden. Noraboa Saleta unha actividade preciosa e que nos fai pensar a todos. Biquiños!
Bolboretiñassss!!! Ya veo lo mucho que habéis estado trabajando en estos meses. Me encanta todo lo que habéis estado haciendo, seguid así… Espero poder ir a visitaros pronto para que me contéis todas las cosas tan interesantes que habéis estado aprendiendo. Ahora estoy estudiando y trabajando mucho como vosotros porque ya me queda poco para ser profe. Un beso y un abrazo muy grande a mis bolboretas y a la profe Saleta!!!
La profe Ana
Publicar un comentario