13 enero 2013

SEMANA DE SORPRESAS...

Esta semana de volta ao cole despois do nadal foi mooooooi intensa para todos e todas nós.
Chegamos o martes á clase e xa tiñamos unha sorpresiña agardando por nós debaixo da árbore de adornos reciclados. Carai...quen quera que fora...deixounos alucinados!!
Paquetes para cada un de nós...os nosos nomes...veña, queredes saber que era??
Disfrutade con este vídeo!




Pero as sorpresas do martes non remataron aí...
Cumplir anos penso que non se debe tomar como algo malo...senón todo o contrario! E como para todo o mundo corre o tempo...qué mellor forma de festexalo que coas miñas bolboretas...e algunha que outra compi!




(Preme e abre noutra xanela, para escoitar a música)

E xa o mércores chegou a última das sorpresas...


 Estas palabriñas van adicadas a varias personas...
- A todos os nenos e nenas que están escolarizados nas unitarias e CRAs e aos seus mestres.
- Ás miñas compañeiras/o do CRA de Bergondo, ás miñas Bolboretas de Carrio e á miña avóa, mestra ata os seus últimos días, alá onde queira que esté...

Grazas a todos e todas, para todos vós!

3 comentarios:

Audición e linguaxe dijo...

¡Noraboa Saleta por esa estupenda entrevista e por defender a escola rural! ¡¡Unha aperta xigante!!

TICs CRA de BERGONDO dijo...

Grazas a tí, Saleta, por aportar sempre tantas ideas, saber compartir e ter tan bo talante. Biquiños na rede!!!

Saleta dijo...

Ai qué compis tan xeniais, sempre dando ánimos! Moitos bicos!!